Estás en:Novas

A Deputación licita por 106.476 euros a renovación da drenaxe transversal da DP-1707 ao seu paso polo río San Pedro, en Iñás (Oleiros)

As tarefas darán solución ás inundacións periódicas que sufrían as leiras lindeiras á canle do río debido ás dimensión actuais do sistema

A Deputación licita por 106.476 euros a renovación da drenaxe transversal da DP-1707 ao seu paso polo río San Pedro, en Iñás (Oleiros)

A Deputación da Coruña saca a licitación por 106.476 euros a renovación da drenaxe transversal da estrada provincial DP-1707 de Oleiros a Pravio ao seu cruce co río San Pedro, na parroquia de Iñás (Oleiros). As empresas interesadas en presentar as súas propostas poderán facelo ata o 2 de novembro.

As tarefas darán solución ás inundacións periódicas que sufrían as leiras lindeiras á canle do río debido ás dimensións actuais do sistema de drenaxe (0,70 x 1,20 metros), insuficientes para o correcto desaugamento.

Así pois, para evitar estas afeccións, substituirase a drenaxe actual por unha nova formada por marcos prefabricados de formigón armado de 3x2 metros, que se colocará paralela á existente, de tal forma que a antiga instalación poida seguir en funcionamento durante a execución das obras, que contan cun prazo estimado de tres meses.

As actuacións levaranse a cabo en fases sucesivas para non cortar o tráfico da estrada DP-1707, aínda que si será preciso habilitar pequenos desvíos provisionais. Unha vez completada a obra, tamén se reporá a sección da vía afectada, adecuando a súa anchura á nova plataforma.

Páxinas suxeridas