Estás en:Novas

Valentín González Formoso celebra como “un día histórico” abrir Meirás para homenaxear as víctimas do franquismo “que merecen reparación, xustiza e memoria”

O presidente destaca o papel da Deputación da Coruña e o Goberno de España na recuperación do Pazo de Meirás e subliña para devolver o Pazo ao patrimonio público

Valentín González Formoso celebra como “un día histórico” abrir Meirás para homenaxear as víctimas do franquismo “que merecen reparación, xustiza e memoria”

O presidente acompañou ao secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, no acto de homenaxe ás vítimas do franquismo en Meirás

"Hoxe é un día histórico. As portas de Meirás ábrense por primeira vez para render homenaxe ás vítimas do franquismo, que merecen reparación, xustiza e memoria", así se expresou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ao inicio do acto desta tarde, no que acompañou ao secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, no Pazo de Meirás.

O presidente provincial destacou "o compromiso" do Goberno de España para lograr a recuperación do Pazo para o patrimonio público, tras máis de oito décadas en mans da familia Franco, así como a "implicación absoluta" do secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e da Avogacía xeral do Estado nun proceso "que podemos dicir con orgullo que iniciamos na Deputación da Coruña en 2017, encargando os primeiros informes que avalaron xuridicamente que o Pazo era propiedade do Estado e non da familia Franco".

"O que entón parecía imposible é hoxe unha realidade grazas ao compromiso absoluto do Goberno de España no ámbito da memoria democrática", indicou Valentín Formoso, que destacou "a necesidade moral de reparar a todas as persoas que sufriron inxustamente represión, cárcere, exilio...e que incluso pagaron coa súa vida a defensa duns ideais de liberdade e democracia".