Estás en:Novas

O Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña farase público en novembro

Ana Lamas destaca que, con estes galardóns, a Deputación quere recoñecer e axudar a visibilizar o traballo das persoas e entidades que cada día contribúen a mellorar a vida dos colectivos máis desfavorecidos

O Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña farase público en novembro

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a reunión do xurado do premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais convocado pola Deputación da Coruña.
O galardón pretende ser un recoñecemento ás entidades e ás persoas que están detrás delas, polo seu traballo a prol do benestar social das persoas, grupos e comunidades, mellorando o seu nivel de vida.
"Queremos que estes premios sexan un recoñecemento a todas aquelas entidades e persoas que cada día contribúen a mellorar a vida dos colectivos máis desfavorecidos. O seu labor é vital, sobre todo nun momento como o que atravesamos coa crise sanitaria, para que a nosa sociedade avance e sexa máis xusta", destaca a deputada de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas, que anunciou que o fallo darase a coñecer no mes de novembro.
A Deputación outorgará tres premios de 5.000 euros cada un ás mellores iniciativas, así como unha distinción simbólica e un recoñecemento público nun acto que se celebrará no mes de novembro
O ente provincial apoia cada ano a máis de 250 entidades sociais a través de diferentes liñas de subvención.

Páxinas suxeridas