Estás en:Novas

A Deputación dedica 409.921 euros a actividades de promoción económica na provincia

O deputado Blas García destaca a importancia dunhas axudas que "dan apoio ao comercio e á hostalaría local, moi afectados pola crise económica derivada da pandemia, e impulsan o desenvolvemento económico e a creación de emprego".

A liña de axudas permitirá dar apoio a entidades sen ánimo de lucro tales como colexios profesionais; entidades asociativas e federativas, representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial; cámaras de comercio; e asociacións de veciños e mulleres rurais

As achegas oscilan entre un mínimo de 1.770 euros a un máximo de 7.800 euros e permitirán aos beneficiarios organizar congresos, exposicións, xornadas, feiras de interese turístico e gastronómico e actividades de difusión e animación do comercio local, entre outras

A Deputación dedica 409.921 euros a actividades de promoción económica na provincia

Deputación da Coruña achega 409.921 euros para apoiar a entidades sen ánimo de lucro na organización de actividades de promoción económica na provincia coruñesa.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a concesión provisional desta liña de axudas dirixida a colexios profesionais; entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial; cámaras de comercio; e asociacións de veciños e mulleres rurais. Un total de 73 entidades son as beneficiarias destas subvencións, das cales 11 foron concedidas provisionalmente condicionadas.

As achegas oscilan entre un mínimo de 1.770 euros a un máximo de 7.800 euros e permitirán aos beneficiarios e beneficiarias organizar congresos, exposicións, talleres, cursos de formación, xornadas, estudios e seminarios relacionados coa promoción económica da provincia. Do mesmo xeito, permitirán cofinanciar iniciativas como festas de interese turístico, feiras de artesanía ou de exaltación de produtos típicos da zona como a 39 Feira de Artesanía e Alimentación do Couto, a IX Feira dos Oficios da Montaña, Feirauto, a 36 Nostra Galega de Apicultura ou VIII Exporpymes, entre outras.

Tamén se empregarán as axudas para actividades de promoción, difusión e animación do comercio local, decoración de zonas comerciais, publicidade, revistas ou guías, entre outras.

Segundo indicou o deputado de Promoción Económica, Blas García "con esta importante achega económica queremos dar apoio ao comercio e á hostalaría local, moi afectados pola crise económica derivada da pandemia, así como impulsar o desenvolvemento económico da provincia e fomentar a creación de emprego".

Listaxe de axudas concedidas