Estás en:Novas

As probas de atletismo para menores de 12 anos da Deputación da Coruña comeza este domingo en Ribeira

Continuarán entre os meses de novembro e decembro na Pobra, Noia, Oleiros, Ordes e Ferrol nas categorías sub-10 e sub-12

A inscrición para cada proba faise a través da Federación Española de Atletismo e está aberta ata as 20 horas do luns anterior á realización desta

As probas de atletismo para menores de 12 anos da Deputación da Coruña comeza este domingo en Ribeira

Este domingo, 14 de novembro, darán comezo en Ribeira as probas de atletismo en pista para menores de 12 anos do circuíto que organiza a Deputación da Coruña para este ano 2021 e que se estenderán durante os meses de novembro e decembro.

As continuarán na Pobra do Caramiñal (21 novembro), Noia (5 decembro), Oleiros (11 decembro), Ordes (19 decembro) e Ferrol (26 decembro) e poderán participar os e as atletas empadroados en calquera concello da provincia que estean en posesión da licencia federativa para a temporada 2021.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou "o bo nivel que se pode apreciar sempre nas diferentes probas do circuíto de atletismo da Deputación",

A competición desenvólvese nas categorías sub-10 e sub-12. En cada concello, agás Ordes xa que non conta con pistas axeitadas para celebrar carreiras, realizaranse as seguintes probas: carreiras (50 e 500 metros en sub-10 e 60 e 500 metros en sub12), salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso.

A inscrición para cada proba faise a través do sistema online web da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e pode formalizarse ata as 20:00 horas do luns anterior á realización desta. Os gastos de inscrición serán de balde e cada club poderá presentar un número de atletas ilimitado, só co condicionante do número de prazas que permitan os protocolos COVID-19 no momento de celebración da carreira.

As probas, que estarán controladas tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo (FGA), terán unha duración total aproximada dunha xornada, en horario de 10 a 14 horas, e as e os participantes deberán cumprir o protocolo COVID-19 establecido pola FGA. En canto aos premios, os tres primeiros atletas de cada categoría e proba con máis puntuación, recibirán un trofeo.

Páxinas suxeridas