Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste este ano 25,4 millóns nos concellos da comarca de Santiago

4,2 millóns de euros destínanse para financiar o gasto social nos 26 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén máis de 8 millóns de euros para levar a cabo 91 obras e 5,1 para financiar servizos básicos dos municipios como alumeado ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan Único para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia"

O Plan Único da Deputación inviste este ano 25,4 millóns nos concellos da comarca de Santiago

O Plan Único (POS+2021) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 25,4 millóns de euros investidos nos concellos da comarca de Santiago, dos que preto de 4,2 se destinan a gasto social co obxectivo de paliar os efectos da covid-19 e protexer os colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia".

Preto de 4,2 millóns de euros para gasto social

O Plan Único achega case 4,2 millóns de euros aos 26 concellos da comarca para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 65.421 euros de Dodro e os 320.521 euros que recibe Santiago. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas como vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

Concellos como Santiago destinan parte do Fondo Social do Plan Único a financiar o Servizo Municipal de Emerxencias Sociais (Semus) que presta axuda inmediata en caso de urxencias no eido da atención social, incluso durante os festivos e fins de semana.

Máis de 8 millóns para 91 obras

Dentro do plan, a Deputación permitirá que os 26 concellos da comarca poidan levar a cabo un total de 91 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Destacan grandes investimentos como os 268.000 euros dedicados á ampliación da plataforma viaria entre Cañoteira e Outeiro (Santiago), os 263.514 euros para pavimentar e sinalizar a estrada de Outeiro e Boaña de Abaixo (Santa Comba), os 273.896 euros para o camiño da Chan a Escola (Ordes) ou os 230.384 euros para a reurbanización do núcleo de Castro (Teo), máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.

Os municipios destinan este ano 356.777 euros para redución da débeda, 298.424 euros para pago a provedores e case 5,1 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan Adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 7,4 millóns de euros.

O Plan Único ofrécelles aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

PAGO A       PROVEDORES

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

COVID 19

 

POS+ ADICIONAL

2/2021

TOTAL

AMES

34.618,19

1.150.395,61

 

120.328,23

306.290,04

546.946,49

2.158.578,56 

ARZÚA

344.407,11

222.301,09

 

 

208.731,58

372.734,97

1.148.174,75 

A BAÑA

45.647,70

317.182,51

 

 

136.894,27

244.454,06

744.178,54 

BOIMORTO

150.000

232.879,53

 

 

115.442,25

206.146,88

704.468,66 

BOQUEIXÓN

207.214,22

263.997,68

 

 

125.584,38

224.257,81

821.054,09 

BRIÓN

230.267,13

240.078,52

 

 

139.555,83

249.206,85

859.108,33 

DODRO

107.945,01

53.596,24

 

 

65.421,22

116.823,60

343.786,07 

FRADES

185.629,42

96.714,85

 

44.197,48

112.502,68

200.897,64

639.942,07 

MELIDE

320.155,58

268.454,66

 

 

194.033,68

346.488,72

1.129.132,64 

MESÍA

213.632,69

181.835,83

 

 

129.474,35

231.204,21

756.147,08 

NEGREIRA

289.888,14

136.183,25

 

 

175.689,78

313.731,75

915.492,92 

ORDES

383.005,75

475.795,41

 

91.191,84

232.124,69

414.508,39

1.596.626,08 

OROSO

235.471,83

389.019,89

 

56.064,72

142.710,20

254.839,64

1.078.106,28 

PADRÓN

35.779,81

333.275,18

 

 

120.224,26

214.686,17

703.965,42 

O PINO

273.015,76

125.698,18

 

 

165.464,10

295.471,60

859.649,64 

ROIS

222.159,42

121.048,48

 

 

134.642,07

240.432,27

718.282,24 

S. COMBA

17.515,75

752.576,66

 

 

251.566,18

449.225,32

1.470.883,91 

SANTIAGO

220.277,57

694.008,78

298.424,20

 

320.521,02

572.358,96

2.105.590,53 

SANTISO

183.426,54

117.108,64

 

 

111.167,60

198.513,57

610.216,35 

TEO

367.029,18

486.215,49

 

 

222.441,93

397.217,73

1.472.904,33 

TOQUES

30.347,85

242.647,25

 

 

98.644,08

176.150,15

547.789,33 

TORDOIA

233.408,78

152.447,35

 

 

141.459,87

252.606,90

779.922,90 

TOURO

225.000,00

253.473,82

 

 

157.330,39

280.947,12

916.751,33 

TRAZO

105.164,47

345.246,70

 

 

126.980,67

226.751,20

804.143,04 

V DO DUBRA

228.745,89

310.423,48

 

 

138.633,87

247.560,49

925.363,73 

VEDRA

188.978,20

80.627,12

 

44.994,81

114.532,24

204.521,86

633.654,23 

Páxinas suxeridas