Estás en:Novas

O Plan único da Deputación inviste este ano 17,5 millóns nos concellos da comarca da Coruña

Preto de 3 millóns de euros destínanse para financiar gastos sociais nos 19 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén máis de 5 millóns de euros para levar a cabo 50 obras e 3,6 para financiar servizos básicos dos municipios como iluminación ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia"

O Plan único da Deputación inviste este ano 17,5 millóns nos concellos da comarca da Coruña

O Plan único (POS+2021) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 17,5 millóns de euros investidos nos concellos da comarca da Coruña, dos que preto de 3 se destinan a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de paliar os efectos da pandemia e protexer os colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia".

Preto de 3 millóns de euros para gasto social

O Plan único achega case 3 millóns de euros aos 19 concellos da comarca para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 68.771 euros de Coirós e os 330.186,58 euros que recibe Arteixo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas como vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

Concellos coma Sada ou Cambre destinan boa parte dos do Fondo Social do Plan único a axudas sociais para os seus veciños, Bergondo financia unha nova unha liña de axudas para o pago do contrato de alugueiro ou dun préstamo hipotecario da súa vivenda habitual. Outros coma Oleiros, Arteixo ou Abegondo destinan a maior parte dos fondos a reforzar os servizos de axuda no fogar, mentres que na cidade da Coruña diríxese a sufragar o servizo de atención inmediata a persoas sen fogar.

Máis de 5 millóns para 50 obras

Dentro do plan, 19 concellos da comarca executarán un total de 50 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Destacan grandes investimentos como os 544.807,86 euros dedicados á construción dunha nova condución de transporte de auga potable na Travesía de Oseiro (Arteixo), os 568.277,71 euros para o proxecto de rexeneración urbana na avenida de Vilaboa (Culleredo), os 246.206,41 euros para a renovación do abastecemento nas rúas Maside, Cascaxeira e Viravolta (Oleiros) ou os 374.592,70 euros para a primeira fase do módulo deportivo de Mondego (Sada), máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.

Os municipios da comarca destinan este ano 93.228 euros para redución da débeda, 133.498,44 euros para pago a provedores e 3,6 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 5,2 millóns de euros.

O Plan único ofrécelles aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

PAGO A       PROVEDORES

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

COVID 19

 

POS+ ADICIONAL

2/2021

TOTAL

ABEGONDO

116.636,80

249.642,31

 

 

151.116,77

269.851,36

787.247,24

ARANGA

 

294.209,10

 

 

121.019,92

216.107,00

631.336,02

ARTEIXO

544.807,86

531.500,00

 

 

330.186,58

589.618,90

1.996.113,34

BERGONDO

100.000,00

198.029,93

 

 

108.925,28

194.509,43

601.464,64

BETANZOS

 

522.590,73

 

 

136.785,60

244.260,00

903.636,33

CAMBRE

391.559,41

325.038,01

 

93.228,00

237.308,73

423.765,60

1.470.899,75 

CARRAL

152.004,48

396.131,06

 

 

112.406,78

200.726,39

861.268,71

COIRÓS

113.472,14

60.792,11

 

 

68.771,00

122.805,35

365.840,60

CORUÑA (A)

 

263.224,87

41.654,37

 

95.453,83

170.453,26

570.786,33

CULLEREDO

474.195,49

599.761,75

 

 

287.391,20

513.198,58

1.874.547,02

CURTIS

160.000,00

175.774,91

 

 

129.260,92

230.823,08

695.858,91

IRIXOA

71.526,73

285.955,66

 

 

86.731,43

154.877,54

599.091,36

MIÑO

236.738,97

82.652,03

 

 

103.133,58

184.167,11

606.691,69

OLEIROS

509.722,92

246.206,41

 

 

308.922,98

551.648,18

1.616.500,49

OZA-CESURAS

110.000,00

424.647,03

 

 

218.351,15

389.912,92

1.142.911,10

PADERNE

133.922,00

126.585,69

 

 

81.164,85

144.937,23

486.609,77

SADA

268.170,57

374.592,70

44.253,39

 

162.527,62

290.227,89

1.139.772,17

SOBRADO

214.263,61

181.089,48

5.014,18

 

129.856,73

231.887,02

762.111,02

VILASANTAR

64.284,76

128.713,71

42.576,50

 

85.318,04

152.353,64

473.246,65

 

 

TOTAL

3.661.305,74

5.467.137,49

133.498,44

93.228,00

2.954.632,99

5.276.130,48

17.585.933,14

Páxinas suxeridas