Estás en:Novas

O Plan único da Deputación inviste este ano 16,4 millóns nos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Máis de 2,6 millóns de euros destínanse para financiar gastos sociais nos 21 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén 5,5 millóns de euros para levar a cabo 62 obras e 3,2 para financiar servizos básicos dos municipios como iluminación ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia"

O Plan único da Deputación inviste este ano 16,4 millóns nos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O Plan único (POS+2021) da Deputación da Coruña alcanzará este ano preto dos 16,4 millóns de euros investidos nos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal dos que máis de 2,6 se destinan a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de paliar os efectos da pandemia e protexer os colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia".

Máis de 2,6 millóns de euros para gasto social

O Plan único achega máis de 2,6 millóns de euros aos 21 concellos das comarcas para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 66.727 euros de Cerdido e os 340.038 euros que recibe Narón. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

Concellos coma Ortigueira, Fene, Monfero, Narón ou As Pontes de García Rodríguez destinan gran parte do Fondo Social do Plan único a reforzar os servizos de axuda no fogar. Mentres, outros como Cedeira ou Ferrol o empregan para incrementar o persoal municipal da área de servizos sociais ou, no caso por exemplo de Valdoviño, tamén centran boa parte do presuposto en programas que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar.

Máis de 5,5 millóns para 62 obras

Dentro do plan, 21 concellos das comarcas executarán un total de 62 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Destacan grandes investimentos como os 569.608 euros para reurbanizar a Praza de América das Pontes, 361.159 euros dedicados a mellora de camiños en Santa Xiá, Val Xestoso, Queixeiro e outros no municipio de Monfero, os 230.534 euros para renovar pistas en Río Bello, Rapadoiro ou A Mata (Narón), ou 152.333 euros para o saneamento e bombeo en Montefaro (Valdoviño), máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.

Os municipios das comarcas destinan este ano 44.521,68 euros para pago a provedores e 3,2 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan Adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 4,8 millóns de euros.

O Plan único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

PAGO A       PROVEDORES

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

COVID 19

 

POS+ ADICIONAL

2/2021

TOTAL

ARES

134.265,64

80.189,86

22.114,26

 

81.373,11

145.309,13

463.252,00

CABANAS

131.279,40

122.800,69

 

 

79.563,28

142.077,27

475.720,64

CARIÑO

143.800,34

91.915,73

 

 

87.151,72

155.628,07

478.495,86

A CAPELA

117.450,07

124.310,73

 

 

71.181,86

127.110,47

440.053,13

CEDEIRA

223.539,71

202.635,09

 

 

135.478,62

241.926,09

803.579,51

CERDIDO

110.100,43

169.901,00

 

 

66.727,54

119.156,31

465.885,28

FENE

237.105,39

250.419,48

 

 

143.700,24

256.607,56

887.832,67

FERROL

 

415.435,49

 

 

158.120,57

282.358,15

855.914,21

MAÑON

125.300,00

198.157,43

 

 

94.554,66

168.847,60

586.859,69

MOECHE

96.428,14

108.602,89

 

 

70.406,87

125.726,54

401.164,44

MONFERO

257.273,98

352.495,64

 

 

155.923,62

278.435,04

1.044.128,28

MUGARDOS

 

261.433,30

7.955,99

 

81.268,20

145.121,77

495.779,26

NARON

561.063,14

498.986,85

 

 

340.038,28

607.211,19

2.007.299,46

NEDA

130.719,86

100.985,13

 

 

79.224,17

141.471,71

452.400,87

ORTIGUEIRA

240.131,76

549.718,53

 

 

240.842,31

430.075,55

1.460.768,15

PONTEDEUME

95.356,26

216.869,94

 

 

109.445,30

195.438,04

617.109,54

AS PONTES

 

1.048.613,45

14.451,43

 

290.305,84

518.403,29

1.871.774,01

SAN

SADURNIÑO

194.130,24

198.285,79

 

 

117.654,69

210.097,66

720.168,38

AS

SOMOZAS

155.819,01

132.287,66

 

 

94.435,77

168.635,29

551.177,73

VALDOVIÑO

225.173,61

315.227,77

 

 

136.468,85

243.694,38

920.564,61

VILARMAIOR

97.910,79

134.769,79

 

 

59.339,87

105.964,06

397.984,51

Páxinas suxeridas