O Circuíto Cultural en Igualdade da Deputación chega aos concellos de Brión e de Coirós
O contacontos Dúas nenas moi valentes, de Trémola Teatro, e mais o espectáculo musical Soñando inventei, con Jorge Juncal e María Fatri, achegarán ao público infantil a igualdade de xénero o respecto á diversidade

Os concellos de Brión e de Coirós acollen hoxe dúas das primeiras citas do Circuíto Cultural en Igualdade, un programa da Deputación da Coruña que ten como obxectivo promover un cambio de valores para o fomento da igualdade de xénero e o respecto á diversidade.
Trátase dun programa que oferta un total de 5 espectáculos con enfoques moi variados e que abranguen todos os grupos de idade, desde público infantil ata adulto, e que ten por obxecto promover a reflexión e a toma de conciencia sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a diversidade e a xustiza social. Os espectáculos ofertados son "Bravas", "Dúas nenas moi valentes", "Soñando inventei", "Crónica dunha heterosexual insatisfeita", e "Plantea LGBTI".
Así, este circuíto cultural da Deputación achega aos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes e con persoal técnico especializado en igualdade actividades de teatro, música e contacontos nos que se traballan valores relacionados coa identidade persoal, a prevención da violencia de xénero, a tolerancia e a diversidade sexual e familiar.
Esta mañá, a Escola de Educación Infantil dos Ánxeles, de Brión, acolleu o espectáculo "Soñando inventei", no que Jorge Juncal e María Fatri, a través da escolla de cancións, se traballaron o tema da diversidade e a igualdade de xénero. Os temas interpretados forman parte do libro disco "Fantasía coas palabras", publicado pola editorial Galaxia.
A segunda das propostas da xornada é o contacontos "Dúas nenas moi valentes", que Trémola Teatro leva ao centro social de Coirós, ás 16.30, para narrar a historia de dúas rapazas que, nunha noite de festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes protagonizadas por mulleres que teñen a posibilidade de soñar e de facer o que elas queiran.
Axenda Circuíto Cultural en Igualdade
Bravas
- 25/11 no Concello de Fene, ás 19:30h, na Casa da Cultura de Fene
- 11/12 no Concello de Melide, ás 20h, no Auditorio de Melide
- 02/03 no Concello de Boimorto, ás 11:30h, na Casa da Cultura
- 19/03 no Concello de A Pobra do Caramiñal, ás 20h, no Teatro Cine ELMA
- 20/03 no Concello de Dodro, ás 19h, no Salón de actos
Dúas nenas moi valentes
- 18/11 no Concello de Coirós, ás 16:30h, no Centro Social
- 20 /11 no Concello de Trazo, ás 11:30h, na Casa Amarela
- 25 /11 no Concello de Laracha, ás 18:00h,na Casa da Cultura
- 11/12 no Concello de Cabanas, ás 12:00h, na Sala de plenos
Soñando inventei
- 18/11 no Concello de Brión, ás 10h, na Escola de Educación Infantil dos Ánxeles
- 20/11 no Concello de Rois, ás 18h, no Edificio multiusos
- 26 /11 no Concello de Zas, ás 10h, no CPI de Zas
- 26 /12 no Concello de San Sadurniño, ás 18h, na Casa da Cultura
Crónica dunha heterosexual insatisfeita
- 20/11 no Concello de Oroso, ás 21h, no Centro Cultural Casas Novoa
- 21/11 no Concello de Teo, ás 19 h, no Auditorio Constante Liste
- 3/12 no Concello de Cee, ás 20.30h, na Casa da Cultura. Anulado
- 4/12 no Concello de Malpica, ás 20.30h, no Auditorio do Centro Cívico
- 10/12 no Concello de Betanzos, ás 20 h, na Aula Municipal de Cultura
Planeta LGBTI
- 19/11 no Concello de Ares, ás 18h, na Biblioteca Municipal
- 1/12no Concello de Moeche, en horario escolar, no CEIP San Ramón
- 2/12 no Concello de Rianxo, ás 18h, no Auditorio Municipal
- 11/12 na Mancomunicade de Ordes, ás 11h, no Museo do Traxe Juan José Linares
- 29/1 no Concello de Arzúa, ás 18h, no Multiusos Terra do Queixo