Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste este ano 13,5 millóns nos concellos de Bergantiños e Costa da Morte

2,26 millóns de euros destínanse para financiar o gasto social en 16 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén preto de 4,3 millóns de euros para levar a cabo 39 obras e máis de 2,3 para financiar servizos básicos dos municipios como alumeado ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan Único para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia

O Plan Único da Deputación inviste este ano 13,5 millóns nos concellos de Bergantiños e  Costa da Morte

O Plan Único (POS+2021) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 13,5 millóns de euros investidos nos concellos da Costa da Morte, dos que 2,26 se destinan a gasto social co obxectivo de paliar os efectos da covid-19 e protexer aos colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia".

2,26 millóns de euros para gasto social

O Plan Único achega 2,26 millóns de euros a 15 concellos da comarca para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 40.291 euros de Corcubión e os 384.932 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

Carballo, A Laracha, Vimianzo ou Cerceda o destinan ao reforzo dos servizos de axuda no fogar. Outros como Muxía centran a axuda no financiamento de persoal municipal da área de servizos sociais.

Preto de 4,3 millóns para 39 obras

Dentro do plan, a Deputación permitirá que 13 concellos da zona poidan levar a cabo un total de 39 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Destacan grandes investimentos como os 687.472 euros dedicados á rede de abastecemento de auga no núcleo Pedra do Sal (Carballo), os 162.374 euros para beirarrúas na Silva e acceso a un centro educativo en Cerceda, os 264.615 euros para a reurbanización da avenida de Erbecedo da Torre ata A Braña (Coristanco), os 191.506 euros para a cuberta do Mercado Municipal de Malpica, máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.

Os municipios da comarca destinan este ano 97.160 euros para redución da débeda, 423.473 euros para pago a provedores e máis de 2,3 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan Adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 4 millóns de euros.

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

PAGO A       PROVEDORES

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

COVID 19

 

POS+ ADICIONAL

2/2021

TOTAL

CABANA

99.966,01

350.359,46

 

 

133.157,24

237.780,79

821.263,50

CAMARIÑAS

 

 

268.638,97

38.968,75

99.193,17

177.130,67

583.931,56

CARBALLO

635.138,39

626.941,33

 

 

384.932,35

687.379,21

2.334.391,28

CEE

198.841,19

213.371,85

 

 

120.509,81

215.196,09

747.918,94

CERCEDA

 

553.792,75

 

58.192,18

148.125,55

264.509,91

1.024.620,39

CORCUBIÓN

66.480,74

78.172,88

 

 

40.291,36

71.948,85

256.893,83

CORISTANCO

 

430.934,42

 

 

183.201,13

327.144,87

941.280,42

DUMBRIA

69.954,42

278.446,44

 

 

138.314,70

246.990,53

733.706,09

FISTERRA

102.737,25

 

95.302,60

 

77.330,96

138.091,00

413.461,81

LARACHA

334.677,07

329.535,06

 

 

202.834,58

362.204,62

1.229.251,33

LAXE

75.418,00

120.263,77

 

 

77.333,35

138.095,28

411.110,40

MALPICA

56.425,94

366.637,50

59.531,43

 

113.485,52

202.652,72

798.733,11

MUXÍA

66.796,28

400.835,49

 

 

157.126,94

280.583,81

905.342,52

PONTECESO

 

 

 

 

 

 

0,00

VIMIANZO

356.075,45

347.215,60

 

 

215.803,30

385.363,04

1.304.457,39

ZAS

281.787,83

193.786,11

 

 

170.780,51

304.965,18

951.319,63

Páxinas suxeridas