Estás en:Novas

Ferrol acolle este sábado un seminario de defensa persoal feminina organizado pola Deputación

Terá lugar este sábado 27 de novembro, de 10 a 14 horas, no pavillón da Malata

As mulleres participantes poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante posibles situacións de perigo

Ferrol acolle este sábado un seminario de defensa persoal feminina organizado pola Deputación

Ferrol acollerá este sábado, 27 de novembro, o segundo dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina organizados pola Deputación da Coruña.

Segundo explicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán, o curso cubriu o máximo de prazas (70) aínda que rexistrou máis dun centenar de solicitudes. As 70 mulleres inscritas para este segundo curso terán a oportunidade de aprender e ensaiar técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo.

Os talleres son gratuítos e están dirixidos a mulleres de 14 a 70 anos empadroadas en calquera concello da provincia da Coruña. Durante a xornada poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal. Deste xeito, descubrirán como situarse, afianzarse, saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia.

Desde o ente provincial recoméndase que as participantes leven roupa cómoda e deportiva e, se é posible, sen cremalleiras. Durante as sesións o uso da máscara será obrigatorio en todo momento.

Tras os seminarios de Ortigueira e Ferrol, os cursos continuarán as vindeiras semanas nos concellos de Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide acollerán tamén estes seminarios.

Páxinas suxeridas