Estás en:Novas

Blas García destaca o papel dos enxeñeiros químicos na “construción do noso tecido industrial” no Foro de Empresas EQ DAY

O deputado de Promoción Económica sinalou que o traballo destes profesionais é fundamental para impulsar a innovación, a dixitalización e a implantación de novas tecnoloxías

Blas García destaca o papel dos enxeñeiros químicos na “construción do noso tecido industrial” no Foro de Empresas EQ DAY

O deputado de Promoción Económica, Blas García, asistiu á segunda edición do Foro de Empresas EQ DAY 2021, onde destacou o traballo das e dos profesionais da enxeñaría química "para impulsar a innovación, a dixitalización, a implantación de novas tecnoloxías e a construción do noso tecido industrial".

O Salón de Actos da ETSE en Santiago de Compostela foi o escenario das conferencias deste encontro, co que se buscou poñer en valor a profesión de enxeñeiro e enxeñeira con experiencias locais, nacionais e internacionais. O deputado Blas García destacou na súa intervención o apoio provincial na realización deste encontro, que xa é referente no eido. "Para a área de Promoción Económica é imprescindible sumarse a proxectos que poñan en valor o talento daqueles que achegan á sociedade o seu coñecemento para construír unha Galicia mellor, como é o caso dos enxeñeiros químicos".

García remarcou a tarefa tan esencial que desenvolve o sector "sobre todo nun momento como o actual, marcado pola necesaria recuperación económica, que nos empurra a buscar novos mercados".

Páxinas suxeridas