Estás en:Novas

A Marea Atlántica insta ao presidente da Deputación a amosar apoio ao persoal de EXTEL na Coruña

O grupo provincial da Marea Atlántica rexistrou hoxe unha solicitude na que insta a Valentín González Formoso a solidarizarse coas traballadoras e traballadores ameazadas por un ERE queafectará a 205 persoas.

A Marea Atlántica insta ao presidente da Deputación a amosar apoio ao persoal de EXTEL na Coruña

 

O grupo provincial da Marea Atlántica rexistrou esta mañá da Deputación da Coruña unha solicitude dirixida ao presidente da institución, Valentín González Formoso, na que lle pide unha mostra pública de apoio aos traballadores e traballadoras de EXTEL.

O persoal desta compañía de telemárketing, que traballa exclusivamente para Movistar, atópase nun proceso de mobilización para loitar contra un ERE que ameza con poñer na rúa a 205 persoas na nosa cidade (dun total de 355 en todo o Estado). Trátase dunha empresa con beneficios e carga de traballo, que pode levar adiante esta inxusta medida grazas á reforma laboral do Partido Popular, a costa de empeorar as condicións laborais nun sector xa moi precarizado.

Ante esta situación, a Marea Atlántica solicita que o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, realice nestes días unha declaración de apoio público aos traballadores e traballadoras de EXTEL, así como a convocatoria dunha Xunta de Portavoces na Deputación para acordar unha declaración conxunta de todos os grupos políticos en solidariedade coa plantilla da compañía de telemárketing.

Doutra banda, o comité de empresa de EXTEL ten convocada para hoxe, ás 20.00, unha manifestación na que pide a fin deste ERE inxusto. Desde a Marea Atlántica convidamos a toda a cidadanía a acudir á convocatoria.