Estás en:Novas

Teacher Invitation Day "Royal Ballet"

Teacher Invitation Day

O director do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, D. Luciano Gómez, foi invitado pola escola do Royal Ballet de Londres para asistir á clase onde segue a formarse a ex-alumna do noso centro, Sofía Liñares Vázquez. Esta visita tivo lugar o pasado mércores, 12 de outubro de 2016 e forma parte do Teacher Invitation Day, día no que os diferentes profesores do alumnado poden ver o traballo coa súa metodoloxía e o desenvolvemento dunha clase completa.

 

Páxinas suxeridas