Estás en:Novas

Día do Medio Ambiente

Día do Medio Ambiente ??? Feliz Día Mundial do MedioAmbiente! Pero non esquezas que todos os días debemos traballar a prol do benestar do noso planeta. É responsabilidade de todos e cada un de nós coidalo e protexelo ?? Recicla - Reutiliza - Reduce Na EbiblioDaCoruna realizamos unha selección de materiais para axudarche nesta tarefa, consúltaos!   Todos debemos colaborar e concienciarnos en tomar novos hábitos para coidar o medio ambiente. Así que na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca, ocorréusenos facer un decálogo, porque 10 cousas parecen pouco, pero así é máis doado cumprilas e se todos e todas as facemos suporía un gran cambio. Está pensado para a rapazada pero... ben vale para o resto! É preciso que todos os días sexan o Día Mundial do Medio Ambiente, está nas túas mans. Deixámosche aquí o recopilatorio de consellos: [embed]https://youtu.be/iMY18Uqa9yA[/embed]
Páxinas suxeridas