Estás en:Novas

O servizo de Teleasistencia da Deputación da Coruña xa chega a 2.900 persoas en toda a provincia

Durante o último ano o servizo incrementouse en 333 novas persoas usuarias

A central de asistencia, situada na Coruña, funciona 24 horas ao día, os 365 días do ano e conta con 2.903 persoas usuarias activas en toda a provincia, a maioría delas maiores que residen soas no seu domicilio

Carballo con 166 persoas usuarias, Narón (156), Ribeira (96), Arzúa (85) , Malpica (81), Melide (78) e Teo (76) son os municipios con maior número de dispositivos do servizo de teleasistencia provincial

Valentín González Formoso valora "a importancia deste servizo para acompañar os nosos maiores e dar tranquilidade ás súas familias" e destacou "o gran traballo que realizan as operadoras"

O servizo de Teleasistencia da Deputación da Coruña xa chega a 2.900 persoas en toda a provincia

FOTO (ARQUIVO): Visita do presidente á central de Teleasistencia da Deputación da Coruña

Son xa 2.903 persoas as que se benefician do servizo de Teleasistencia domiciliaria que a Deputación da Coruña presta aos 90 municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes, todos a excepción das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol.

Durante o último ano o servizo de Teleasistencia da Deputación atendeu desde a súa central situada no polígono da Grela (A Coruña) 127.843 chamadas e rexistráronse 333 novas altas, polo que o número de usuarios a día de hoxe alcanza os 2.903.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que "o ano pasado, despois dos meses máis duros da pandemia, eran 2.600 as persoas que se beneficiaban deste servizo, agora son 2.900 e, como dixen naquel momento, o noso obxectivo é seguir crecendo ata chegar aos 3.300 usuarios e usuarias".

González Formoso valora "a importancia deste servizo, do que estamos profundamente orgullosos porque sabemos que é útil e mellora a vida da xente, para acompañar os nosos maiores que viven sós e dar tranquilidade ás súas familias, que saben que se pasa algo hai alguén pendente ao outro lado do botón vermello durante as 24 horas do día" e destacou "o gran traballo que realizan as operadoras". "Sodes un deses servizos esenciais aos que tanto temos que agradecer o seu esforzo durante esta crise", afirmou.

Facilidade de acceso ao servizo

Durante a crise do coronavirus a Deputación reforzou o servizo e simplificou os trámites para acceder de forma urxente á Teleasistencia, que é gratuíta para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional.

"Nunha provincia caracterizada polo envellecemento da poboación, especialmente o ámbito rural, cremos que é fundamental ofrecer un servizo coma este", sostén a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, que lembra que a Deputación segue ofrecendo o servizo de Teleasistencia ás persoas que o demanden a través dos servizos sociais dos concellos.

Carballo, con 166 persoas usuarias, Narón (156), Ribeira (96), Arzúa (85), Malpica (81), Melide (78), Teo (76) e Oleiros (73( son os municipios que contan con maior número de beneficiarios do servizo de teleasistencia en toda a provincia.

O traballo das operadoras

"Bo día, Josefina chámolle da Teleasistencia da Deputación", así comeza Rocío, teleoperadora do servizo de teleasistencia provincial, unha das 500 chamadas  de control que ela e as súas compañeiras realizan cada día desde a central.

Rocío interésase sobre se a persoa descansou ben, tomou a súa medicación e se se atopa en bo estado de saúde, mentres apunta nun programa informático cada detalle que o seu interlocutor lle vai contando a través do intercomunicador que leva consigo as 24 horas do día, co que se crea un expediente individualizado de cada usuario, que permite un seguimento máis completo e eficaz.

Dende lembrarlles a hora da medicación ou unha cita médica ata felicitalos polo seu aniversario ou interesarse polo seu estado de saúde, os usuarios reciben periodicamente chamadas de control dende a central, onde tamén se reciben as súas chamadas no caso de emerxencias ou accidentes ou, simplemente de que o usuario "queira falar con nós e preguntarnos como estamos", explica Ana Varela, a responsable da central de teleasistencia provincial.

A través dun pequeno botón que os usuarios levan sempre consigo e que incorpora unha liña de conexión telefónica permanente coa central, as persoas maiores dos concellos coruñeses que se benefician deste servizo dispoñen dun seguimento periódico para dar resposta inmediata ás súas necesidades e emerxencias de forma ininterrompida.

Teléfono de información de Teleasistencia Deputación: 900 533 027

A CORUÑA/ AS MARIÑAS

CONCELLO

USUARIOS/AS

Abegondo

27

Aranga

9

Arteixo

65

Bergondo

45

Betanzos

35

Cambre

43

Carral

27

Coirós

14

Culleredo

66

Curtis

68

Irixoa

4

Miño

21

Oleiros

73

Oza-Cesuras

46

Paderne

21

Sada

56

Sobrado

12

Vilasantar

27

Total

659

BERGANTIÑOS/ COSTA DA MORTE

CONCELLO

USUARIOS/AS

Cabana De Bergantiños

26

Camariñas

21

Carballo

166

Cee

33

Cerceda

40

Corcubión

18

Coristanco

15

Dumbría

15

Fisterra

17

A Laracha

32

Laxe

45

Malpica de Bergantiños

81

Muxía

23

Ponteceso

43

Vimianzo

27

Zas

20

Total

622

SANTIAGO

CONCELLO

USUARIOS/AS

Ames

50

Arzúa

85

Baña (A)

22

Boimorto

24

Boqueixón

36

Brión

11

Dodro

9

Frades

8

Melide

78

Mesía

12

Negreira

27

Ordes

13

Oroso

26

Padrón

11

Pino (O)

21

Rois

22

Santa Comba

32

Santiso

8

Teo

76

Toques

12

Tordoia

16

Touro

28

Trazo

10

Val Do Dubra

16

Vedra

6

Total

659

 

BARBANZA

CONCELLO

USUARIOS/AS

Boiro

49

Carnota

17

Lousame

15

Mazaricos

13

Noia

23

Outes

68

Pobra do Caramiñal (A)

14

Porto Do Son

31

Rianxo

67

Ribeira

96

Total

393

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

CONCELLO

USUARIOS/AS

Ares

10

Cabanas

19

Capela (A)

6

Cariño

33

Cedeira

46

Cerdido

8

Fene

34

Mañón

11

Moeche

6

Monfero

16

Mugardos

35

Narón

156

Neda

18

Ortigueira

52

Pontedeume

22

Pontes de García Rodríguez (As)

29

San Sadurniño

29

Somozas (As)

1

Valdoviño

33

Vilarmaior

6

Total

570

 

Páxinas suxeridas