Estás en:Novas

COMPOSTELA ABERTA PROPÓN A CREACIÓN DUN PREMIO PARA FOMENTAR A CULTURA DA PAZ

 

O galardón se entregará a partires de xaneiro de 2018, e distinguirá as iniciativas que promovan a resolución pacífica de conflitos, os dereitos humanos, a cultura da non violencia, a tolerancia, o entendemento e a concordia dentro do ámbito da provincia de A Coruña

COMPOSTELA ABERTA PROPÓN A CREACIÓN DUN PREMIO PARA FOMENTAR A CULTURA DA PAZ

A Xunta de Portavoces da Deputación Provincial, na cal están representados os voceiros de todos os grupos da corporación, decidiu trasladar hoxe ao Pleno unha proposta de Compostela Aberta para a creación dun premio co cal se recoñeza "ás iniciativas ou experiencias de carácter escolar, educativo, social, empresarial ou cultural que promovan a resolución pacífica de conflitos, os dereitos humanos, a cultura da non violencia, a tolerancia, o entendemento, a concordia e a convivencia democrática dentro do ámbito territorial da provincia de A Coruña".

Segundo explicou o deputado provincial de CA, Manuel Dios, este premio será instaurado a partires do ano 2018, e a súa entrega coincidirá temporalmente coa conmemoración do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, o 30 de xaneiro de cada ano.

A proposta trasladada aos voceiros provinciais conta co apoio do Goberno provincial, e se confía en que sexa aprobada coa unanimidade de todos os grupos políticos.