Estás en:Novas

APROBADA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DE COMPOSTELA ABERTA DUN PREMIO PROVINCIAL Á CULTURA DA PAZ

A finalidade do premio é recoñecer "ás iniciativas ou experiencias de carácter escolar, educativo, social, empresarial ou cultural que promovan a resolución pacífica de conflitos, os dereitos humanos, a cultura da non violencia, a tolerancia, o entendemento, a concordia e a convivencia democrática dentro do ámbito territorial da provincia de A Coruña"

APROBADA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DE COMPOSTELA ABERTA DUN PREMIO PROVINCIAL Á CULTURA DA PAZ

O Pleno da Deputación Provincial aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos, unha declaración institucional promovida polo Grupo Compostela Aberta con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebrará o vindeiro 30 de xaneiro.

Nesta declaración institucional se contempla a creación dun premio co cal se recoñeza "ás iniciativas ou experiencias de carácter escolar, educativo, social, empresarial ou cultural que promovan a resolución pacífica de conflitos, os dereitos humanos, a cultura da non violencia, a tolerancia, o entendemento, a concordia e a convivencia democrática dentro do ámbito territorial da provincia de A Coruña".

Segundo explicou o deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios Diz, "a Deputación dá un paso adiante e, indo máis alá dunha simple declaración, pon en marcha un feito concreto, premiando as mellores iniciativas tanto no ámbito escolar ou educativo, como no social, empresarial ou cultural".

"Posiblemente esta é a primeira vez que unha Deputación vai premiar e recoñecer cunha cantidade económica, e a través dunhas bases e dun xurado, a iniciativas como as mencionadas e a outras que vaian na liña da defensa dos dereitos humanos, a cultura da paz, e a non violencia", declarou Manuel Dios.

O premio será entregado a partir de 2018, coincidindo co marco temporal da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia.


Vídeo: o Secretario da Deputación Provincial dá lectura á Declaración Institucional:


lectura _declaracion_institucional_premio_paz from Compostela Aberta Provincial on Vimeo.