Estás en:Novas

Por iniciativa de Marea Atlántica, a Deputación retransmitirá os plenos por streaming.

Por iniciativa de Marea Atlántica, a Deputación retransmitirá os plenos por streaming.


Desde o pleno do pasado 27 de Xaneiro xa é posíbel seguir a actividade plenaria da Deputación a través do streaming e do espazo web plenos.dacoruna.gal.

 

A disponibilidade de dita retransmisión foi reclamada polo Grupo Provincial de Marea Atlántica desde o comezo do actual mandato no verán do 2.015. Naquel momento, Marea Atlántica criticou que unha das razóns que alimentaban a crítica á opacidade das institucións provinciais non era outra que a dificuldade de acceder a información clara sobre a súa actividade administrativa e política.

 

Froito desta iniciativa, o Grupo Provincial de Marea Atlántica levou ao pleno do pasado 30 de Decembro de 2.015 unha moción solicitando que se dotase de medios técnicos ao salón de plenos do Pazo Provincial dos medios necesarios para levar a cabo a retransmisión a través de streaming das sesións plenarias, moción que agora vese cumprida e que permitirá realizar un seguemento da actividade politica da Deputación.

 

Por este motivo, a deputada de Marea Atlántica Claudia Delso, parabenizou ao goberno da Deputación por ter levado a cabo tal iniciativa e instouno a levar a cabo propostas que permitan aos Concellos da provincia realizar actuacións semellantes en prol do necesario achegamento da administración á cidadanía.