Estás en:Novas

Agustín Hernández esixe á Deputación que o Plan Único garanta as axudas económicas aos concellos

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, encabezado polo seu portavoz, Agustín Hernández, levará ao pleno deste mes unha moción para que o goberno provincial garanta que os 93 concellos da provincia non verán reducidos os seus ingresos coa posta en marcha do Plan Único, en substitución das once liñas de axudas que existían ata a data -cultura, deportes, promoción, económica, turismo, desenvolvemento de servizos sociais, políticas de igualdade, envellecemento activo-.

 

Agustín Hernández esixe á Deputación que o Plan Único garanta as axudas económicas aos concellos

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, encabezado polo seu portavoz, Agustín Hernández, levará ao pleno deste mes unha moción para que o goberno provincial garanta que os 93 concellos da provincia non verán reducidos os seus ingresos coa posta en marcha do Plan Único, en substitución das once liñas de axudas que existían ata a data -cultura, deportes, promoción, económica, turismo, desenvolvemento de servizos sociais, políticas de igualdade, envellecemento activo-.
En rolda de prensa, e acompañado dos tamén deputados Mariel Padín, Susana García, Javier Caínzos y Andrés García, Hernández insistiu en que a Deputación da Coruña ten a "obriga" de asegurar que, "como mínimo", todos os municipios reciban a mesma achega que tiña ata a data. "O contrario, na situación económica na que se atopa a institución provincial, non tería sentido", apuntou o portavoz popular.

Así mesmo, Hernández lembrou que foi o propio goberno provincial o que presentou o Plan Único como unha iniciativa que outorgaría máis autonomía aos concellos, algo que, na súa opinión, non se podería levar a cabo "si os seus ingresos se ven reducidos".

Pese ao espírito co que "supostamente nace o plan", o portavoz popular xa resaltou, durante o pleno no que se levou a cabo a súa votación, que a súa formación se oporía á posta en marcha do Plan Único por "sospeitar" que algúns concellos verían reducidas as axudas que perciben.

"Seguimos pensando o mesmo porque sabemos que este goberno provincial é moito de anunciar para despois deixar a maioría das cousas no limbo. Por iso cremos que, con esta moción, os concellos estarán moito máis tranquilos", indicou Hernández, quen reclamou pasar do "compromiso político" avanzado no seu día polo goberno provincial ao "compromiso formal" aprobado polo pleno da Deputación.

Engadir os remanentes
Por outra banda, a moción presentada polo Partido Popular na Deputación da Coruña inclúe tamén a petición de que o goberno provincial engada ao Plan Único os remanentes económicos que, ao longo do exercicio, póidanse xerar.

Sobre este asunto, Hernández cre que a institución provincial ten "unha boa oportunidade" co Plan de Deportes, "anunciado e presentado por todos os concellos", e que, segundo explicou o portavoz popular, non se levou a cabo.

"O deputado Xosé Regueira dixo no seu día que o Plan Único nacía con espírito dinámico e que iría incorporando máis partidas, pois aquí ten unha boa oportunidade para demostralo", apuntou Hernández.

Mancomunidades e adiantos
Noutra orde de cousas, o portavoz popular aproveitou a rolda de prensa para demandar a posta en marcha dalgún mecanismo que permita que as mancomunidades ou asociacións de concellos poidan recibir as axudas da Deputación.

"Dixeron que articularían algunha forma para que este tipo de entes non perdesen financiamento que, nalgún caso, co novo plan, supón ata unha diminución de 70.000 euros, e polo de agora non sabemos nada", subliñou Hernández.

Por último, o grupo do Partido Popular esixiu ao presidente provincial, Valentín González Formoso, que aclare si os concellos poderán ou non recibir adiantos para facer fronte ao pago das obras e dos proxectos con cargo a Plan Único.

"As bases deixan ben claro que os concellos só poden recibir a axuda económica unha vez que certifiquen a obra, nunca antes", dixo Hernández, quen indicou que, recentemente, o presidente provincial asegurou que a Deputación adiantarían eses cartos, algo que "fai falta aprobalo no pleno porque hai que cambiar as bases".