Estás en:Novas

Mariel Padín entregou os diplomas as bolseiros que traballan la Deputación

A diputada do Partido Popular, Mariel Padín, participou na entrega de diplomas aos bolseiros/as de diferentes especialidades que se forman e traballan actualmente nos diferentes departamentos da institución provincial.

Mariel Padín entregou os diplomas as bolseiros que traballan la Deputación

Becarios_dipu2.jpg

A diputada do Partido Popular, Mariel Padín, participou na entrega de diplomas aos bolseiros/as de diferentes especialidades que se forman e traballan actualmente nos diferentes departamentos da institución provincial.

Un total de 32 bolseiros graduados en disciplinas que van dende a arqueoloxía ou turismo, pasando por dereito, biblioteconomía, socioloxía, ciencias políticas ou xornalismo desenvolven anualmente as súas prácticas profesionais nos diferentes departamentos da institución provincial.

Deputación da Coruña vén concedendo bolsas en todos os ámbitos, dende as artes plásticas, a danza ou o deporte, ata as bolsas máis recentes de investigación orientadas a cuestións tan diversas como as ciencias da saúde, as ciencias sociais e xurídicas, a enxeñaría e arquitectura ou as artes e humanidades.

Algunhas das principais referencias galegas no ámbito artístico como Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Felipe Criado, Alberto Datas ou Gerardo Porto obtiveron no seu día axudas da Deputación para completar a súa formación en cidades como Madrid, Roma, París ou Londres. No campo da danza, son xa varios os alumnos do conservatorio provincial seleccionados nos últimos anos polo Royal Ballet School de Londres, unha das escolas de danza máis prestixiosas do mundo.
Noutros ámbitos, persoeiros do mundo das artes escénicas como a actriz coruñesa María Pujalte; do deporte, como o campión mundial de tríatlon Javier Gómez Noya, o arqueiro pontés Miguel Alvariño ou a nadadora ribeirense María Vilas contaron tamén con axudas da institución provincial para desenvolver a súa carreira.