Estás en:Novas

A área de Igualdade da Deputación presenta no Teatro Colón o documental ‘A poeta analfabeta’

Será o xoves 27 de xaneiro, ás 20 horas, nun serán que inclúe a actuación do grupo Habelas Hainas e unha conversa, conducida pola xornalista Tareixa Navaza, na que participarán a protagonista e a directora do filme, Luz Fandiño e Sonia Méndez, e a escritora Iolanda Aldrei

A área de Igualdade da Deputación presenta no Teatro Colón o documental ‘A poeta analfabeta’

Da man do departamento de Igualdade da Deputación da Coruña, o xoves 27 de xaneiro, ás 20 horas, preséntase no Teatro Colón da Coruña A poeta analfabeta, o documental de Sonia Méndez sobre a vida de Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931), poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Ademais da proxección, celebrarase un coloquio, conducido por la xornalista Tareixa Navaza, no que participarán a protagonista e a directora do filme, ás que acompañará a escritora Iolanda Aldrei. O serán inclúe a actuación do grupo Habelas Hainas. A entrada é de balde, con retirada previa de convite na web do teatro.

Seleccionado en 2018 na II edición dos premios Luísa VIllalta a proxectos culturais pola igualdade, que concede a institución provincial, A poeta analfabeta presenta o retrato dunha muller fascinante: Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria, testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser vermella. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?