Estás en:Novas

Día de Europa na biblioteca da Deputación da Coruña

O 9 de maio como cada ano celebramos o Día de Europa, no aniversario da «Declaración Schuman» que marcou un novo xeito de relacionarnos e cooperar. E conmemoramos o día con estas actividades en colaboración co Servizo de Europe Direct A Coruña

Día de Europa na biblioteca da Deputación da Coruña

sorteo préstamos Día de Europa

Facemos un recopilatorio das actividades para celebrar este Día de Europa 2022:

  • Carrusel con libros galardoados co Premio de Literatura da Unión Europea, dispoñible na EbiblioDaCoruna. Entre as persoas que leven libros prestados deste carrusel entre o 9 e o 13 de maio sortearemos 3 lotes de produtos promocionais proporcionados por Europe Direct A Coruña.

  • Recuncho temático con literatura da Unión Europea no 1º andar de préstamo de persoas adultas. Entre as persoas que leven libros prestados deste recuncho entre o 9 e o 13 de maio sortearemos 3 lotes de produtos promocionais proporcionados por Europe Direct A Coruña.
  • Recuncho temático nas seccións de Bebeteca con libros sobre diferentes países de Europa, e nas de Xuvenil e Persoas adultas con literatura da Unión Europea.

  • Punto de información da Unión Europea: no vestíbulo da Biblioteca está dispoñible un punto con material informativo de balde sobre a Unión Europea e proporcionado por Europe Direct A Coruña

  • No taller de plastilina do sábado 7 de maio, crearemos unha manualidade relacionada con Europa. Lembra que os obradoiros de plastilina son abertos, pero é preciso inscribirse chamando ao 981080174 a partir do luns anterior a cada actividade.