Estás en:Novas

Día das Letras Galegas 2022

Celebramos o día máis importante das nosas letras, este ano dedicado a Florencio Delgado Gurriarán.

Día das Letras Galegas 2022

Neste ano 2022 homenaxeamos a figura do poeta e avogado Florencio Delgado Gurriarán, de Vilamartín de Valdeorras, segundo acordo plenario da Real Academia Galega do 2 de xullo do 2021, polos motivos que destaca a propia institución: "O Pleno da institución acordou na sesión celebrada esta mañá renderlle homenaxe o ano que vén ao autor ourensán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora. A RAG non só celebrará o excelente poeta que foi, cultivador dun galego enxebre, característico das terras de Valdeorras. A través da súa figura tamén homenaxeará, por primeira vez, a Galicia do exilio republicano en México, país onde o propio Delgado Gurriarán e outros colegas desenvolveron iniciativas sobranceiras que mantiveron vivo o facho da nosa identidade e que constitúen un referente obrigado da nosa historia contemporánea."

Desde a Biblioteca preparamos a seguinte programación para celebrar as nosas letras durante todo o mes:

Lectura de "Virtudes (e misterios)" de Xesús Fraga no club virtual EbiblioDaCoruna

A partir do luns 16 de maio xa podes unirte á lectura do libro galardoado co Premio Nacional de Literatura en modalidade Narrativa, na edición de 2021. O club de lectura na nube EbiblioDaCoruna é accesible e de balde para calquera persoa socia de calquera biblioteca pública municipal de calquera concello da nosa provincia. Se aínda non o probaches, solicita a túa alta para entrar tanto no club como na biblioteca dixital premendo aquí:

Alta na EbiblioDaCoruna

Ademais, ao rematar a lectura, teremos un encontro virtual co autor o vindeiro 14 de xuño ás 20:00 h! Poderemos comentar con él o libro e plantexarlle as cuestións que xurdan durante a lectura.

Entra no EbiblioDaCoruna Club e presta o libro e disfruta dunha lectura compartida!

Lectura de textos de Florencio Delgado Gurriarán nas redes sociais

Durante toda a semana leremos fragmentos escollidos da obra poética deste autor. Se aínda che resulta descoñecido, seguro que os seus poemas non te deixarán indiferente. Do 16 ao 21 de maio atopa estes fragmentos seleccionados nas redes sociais da Biblioteca.

Na EbiblioDacoruna carrusel adicado ás Letras Galegas 2022

Unha selección dos galardoados nesta e noutas edicións. Entra e presta no teu dispositivo!

Carrusel da EbiblioDacoruna adicado ás Letras Galegas 2022

Entrega de premios do concurso #140enpositivo

Xa temos as mensaxes galardoadas do concurso #140enpositivo! A entrega de premios terá lugar o xoves 19 de maio ás 18:00 h na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca. Invitámoste a vir!

Se queres ler as mensaxes premiadas e todas as que se presentaron a concurso, podes lelas aquí:

Premios #140enpositivo

Visita guiada á Biblioteca e fondos destacados

Aproveitamos a celebración para facerche un percorrido pola historia e funcionamento da Biblioteca, e tamén para ensinarche algúns dos fondos máis destacados dos relacionados con Galicia e co galego. Terá lugar o venres 20 de maio ás 12:00 h. Anótate enviando o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto a biblioteca.info@dacoruna.gal ou ben chamando ao 981 080 176.

Paneis informativos sobre Florencio Delgado Gurriarán

Nas salas de lectura da Biblioteca atoparás unha serie de paneis informativos sobre a figura da vida e obra do autor que conmemoramos este ano.

Recomendacións #BookFaceFriday de literatura galega

Durante todo o mes recomendamos obras da nosa literatura a través da divertida iniciativa #BookFaceFriday que todos os venres une ás bibliotecas do mundo en Instagram. Visita o noso todos os venres para velas!

Vídeo felicitación do Día das Letras

Un vídeo para escoitar! Pecha os ollos e escoita o poema que montamos escollendo títulos de libros en galego, para evocar e celebrar a nosa lingua neste Día das Letras Galegas. Preme aquí para velo:

Feliz Día das Letras Galegas

Recunchos temáticos

Atoparás recunchos temáticos do Día das Letras Galegas na EbiblioDaCoruna, na sección Xuvenil, etc. Visítaas e escolle o que vas levar!