Estás en:Novas

Formoso destaca a importancia de facer visible o traballo das mulleres á fronte dos gobernos muncipais e advirte que “aínda queda moito por avanzar”

O presidente da Deputación asistiu na Coruña o I Encontro de Alcaldesas

O debate centrouse na presenza de mulleres en postos de responsabilidade, especialmente no ámbito local

Formoso destaca a importancia de facer visible o traballo das mulleres á fronte dos gobernos muncipais e advirte que “aínda queda moito por avanzar”

Formoso coa ministra e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe xunto á ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, e á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ao I Encontro de Alcaldesas celebrado na cidade herculina.

Rexedoras de cidades de máis de 100.000 habitantes de toda España participaron nesta cita, que segundo Formoso "contribúe a facer visible o importante traballo das mulleres á fronte dos gobernos municipais", un ámbito onde "aínda queda moito por facer pois só o 21% das alcaldías están ocupadas por mulleres", afirmou Formoso.

As rexedoras asinaron esta mañá a Declaración de María Pita, que reclama que "para que a igualdade sexa real e efectiva, requírese un equilibrio na representación de mulleres e homes no ámbito político, social e laboral" e se incide e que a presencia de mulleres segue a ser "minoritaria" nas corporacións locais.

O documento foi asinado polas rexedoras da Coruña, Alcorcón, Barakaldo, Cartaxena, Castellón, Ciudad Real, Gijón, Getafe, Marín, Hospitalet de Llobregat, Jerez de la Frontera, Lugo, Móstoles, Sabadell, Santa Coloma de Gramanet, Segovia, Teruel e Toledo.