Estás en:Novas

Formoso felicita ás personalidades e institucións distinguidas coas Medallas Castelao

Formoso felicita ás personalidades e institucións distinguidas coas Medallas Castelao

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asisitiu hoxe en Santo Domingos de Bonaval ao acto oficial de entrega das Medallas Castelao 2022, no que foron distinguidos o político Camilo Nogueira, o chef Javier Olleros do restaurante Culler de Pau, as xogadoras do equipo feminino de fútbol sala Pescados Rubén de Burela, o veterano xornalista Javier Sánchez de Dios e a coral polifónica El Eco da Coruña.

Formoso felicitou ás personalidades e institucións distinguidas cun galardón "que representa o mellor de Galicia".