Estás en:Novas

A Deputación achega máis de 441.000 euros para as obras do obras do proxecto ‘Carballo para a infancia’

O vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde do municipio bergantiñá, Evencio Ferrero, asinaron o acordo esta mañá na sede provincial

A Deputación achega máis de 441.000 euros para as obras do obras do proxecto ‘Carballo para a infancia’

A Deputación da Coruña achegará 441.254,72 euros (un 80 por cento do total do orzamento) para as obras do proxecto 'Carballo para a infancia'. O vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde do municipio bergantiñá, Evencio Ferrero, asinaron o acordo esta mañá na sede provincial.

Grazas a esta achega, o Concello de Carballo acometerá a reforma de integral dos parques da Praza do Concello, a Praza Eduardo Pondal e a Praza da Milagrosa, nos que se actuará nos recintos e nas zonas axardinadas e realizarase unha renovación completa dos xogos infantís.

"O proxecto", explicou Regueira, "é de interese público de carácter social e deportivo, dadas as súas características da mellora da accesibilidade e
inclusión nos parques infantís, xa que pretende facilitar o uso dos espazos públicos pola infancia mediante xogos adaptados, ademais de crear espazos para o descanso de adultos e maiores, fomentando o vínculo emocional". "A actuación, engadiu, "vai promover a rúa como espazo de deporte e ocio entre as cativas e os cativos, conxuntamente co fomento da mobilidade sostible".

A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os custos de redacción de proxectos, tributos percibidos pola obtención de licenzas, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc.