Estás en:Novas

Día das Bibliotecas 2022

O 24 de outubro celebramos todos os anos o Día das Bibliotecas, "Aptas para todos os públicos". Este ano, o lema elixido é "BiblioTEcuida", que se centra en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. O cartel conmemorativo realizouno a coruñesa de Cariño Xulia Vicente.

Día das Bibliotecas 2022

Desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña tamén celebramos o noso día con todas as persoas que nos dan a vida e que enchen diariamente os espazos físicos e virtuais da Biblioteca. Preparamos a seguinte programación para a semana do 24 de outubro, que agardamos que sexa de interese: 

Visita guiada á Biblioteca César Antonio Molina e Mercedes Monmany

24/10/2022 ás 12:00 h
Faremos un percorrido pola historia, pezas destacadas e curiosidades da Biblioteca desta parella de escritores.
Para anotarse: chamar ao 981 080 176 ou remitir un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal aportando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

Contacontos "En busca dos monstros"

A cargo de Trémola Teatro.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Día 24 de outubro ás 18:00 h.
Sala Manuel López.
Para anotarse: reservar praza (1 por neno/a agás irmáns/ás) a partir do día 18 de outubro entre as 15:30 e as 20:00 h no teléfono 981 080 174. Cada neno/a deberá estar acompañado/a dunha persoa adulta.

Taller "Sombreiros de conto"

Para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos.
12 prazas.
Día 24 de outubro de 18:00 a 20:00 h.
Biblioteca Infantil e Xuvenil.
Para anotarse: reservar praza (1 por neno/a agás irmás/ns) a partir do día 18 de outubro ás 11:00 h no teléfono 981 080 171.

Canto sabes da Biblioteca Provincial

E no Día das Bibliotecas  propoñémosche un xogo...
Canto sabes da Biblioteca Provincial?
https://view.genial.ly/633407a65295e700182fa320/interactive-content-quiz-dardos
Só che levará uns minutiños, entra e divírtete!

Leva prestado o dobre!

O día 24/10/2022 en todas as sección da Biblioteca
Se ves levar materiais prestados en calquera das sección polo Día da Biblioteca, poderás levar o dobre de exemplares do habitual.

Presentación de "La saga Berea en la ciudad herculina"

O día 27/10/2022 ás 19:00 h na Sala Manuel López da Biblioteca.
O autor Nilo Jesús García Armas estará acompañado por Xurxo Couto, Deputado de Cultura.

Agasallo para novas persoas socias da EbiblioDaCoruna

Do 24 ao 29/10/2022 na EbiblioDaCoruna
Regalamos unha bolsaBD, a bolsa de tea reutilizable da Biblioteca, para todas as persoas que se fagan socias na EbiblioDacoruna, a biblioteca dixital da provincia da Coruña. Podes darte de alta premendo aquí.

Cartel galego BiblioTeCuida.png