Estás en:Novas

Emisión dos certificados de asistencia a cursos de formación

Xa están dispoñibles os certificados de asistencia/realización dos cursos de formación correspondentes á 1ª convocatoria do Plan agrupado de formación 2017, agás os correspondentes aos cursos:

882.- Coñecemento técnico e manexo de armas curtas

884.- Linguaxe administrativa galega. Nivel superior. En liña

885.- Linguaxe administrativa galega. Nivel medio. En liña

Estes cursos fixéronse en convenio coa AGASP e coa Xunta, polo que o proceso de emisión e sinaturas é máis lento. Avisarase cando estean dispoñibles.

Aquelas persoas que cumpriron co réxime de asistencia estabelecido nas Bases da convocatoria, poderán descargar cadanseu certificado da plataforma Subtel.

No caso do persoal non fixo que non presentara a cabeceira de nómina ou outro xustificante da súa condición de persoa empregada pública local na data de comezo do curso, o diploma non se xerará até que cumpra este requisito.

 

Para imprimir os diplomas teñen que acceder á plataforma Subtel > Plan de formación > Diplomas (segundo se mostra na ventá seguinte).

 Formacion panel de subtel

Ao premer na opción Diplomas, apareceranlle os correspondentes á 1ª convocatoria deste ano, que estarán ao seu dispor, no caso de que teña dereito a algún.

 Panel Diplomas Subtel

 

Como se observará, dispóñense de dous formatos de diploma, ambos os dous válidos por igual:

-       DESCARGAR: diploma en formato electrónico con sinaturas dixitalizadas

-       COPIA PAPEL: diploma con código de verificación, no que se visualizan as sinaturas dixitais, para poder presentar en papel

Os diplomas emitíronse nas dúas linguas oficiais: galego e castelán.

 

Nota importante:

Dende esta Sección de Formación xa non se enviarán diplomas en papel, se non que estes quedarán a disposición das persoas interesados na plataforma Subtel para que cada quen poida descargar os seus cando queira, así como imprimilos cantas veces o precise.

 

No caso de dúbidas pode contactar co soporte de Subtel ou co persoal da Sección de Formación, no correo electrónico formación@dacoruna.gal ou a través dos teléfonos 981 080 824 / 981 080 826

 

Un saúdo cordial,

A Sección de Formación

 

 

 

Páxinas suxeridas