Estás en:Novas

A Deputación da Coruña cede “O discurso” de Isaac Díaz Pardo ao Museo de Belas Artes

O cadro "O Discurso", de Isaac Díaz Pardo, pode ser contemplado dende hoxe polo público coruñés na exposición permanente do Museo de Belas Artes da Coruña.

Cun sinxelo acto celebrado esta mañá no museo coruñés, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a directora do Museo de Belas Artes, Ángeles Penas, e os fillos de Díaz Pardo, Xosé e Camilo Díaz, a Deputación da Coruña completou o proceso de cesión desta obra de arte de grande valor histórico e artístico, que xa pode ser contemplada polo público na sala de arte galega do século XX do Museo de Belas Artes.

González Formoso destacou o "estreito vínculo" que uniu históricamente a Deputación coa figura de Isaac Díaz Pardo. Un vínculo que comezou en 1940 coa concesión dunha bolsa de estudos para que o mozo Isaac puidera formarse como como artista na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid; que se mantivo ao longo dos anos con múltiples colaboracións culturais e que permanece aínda hoxe, xa que o certame de artes plásticas da Deputación leva con orgullo o norme de Díaz Pardo.

A Deputación da Coruña cede “O discurso” de Isaac Díaz Pardo ao Museo de Belas Artes

O cadro "O Discurso", de Isaac Díaz Pardo, pode ser contemplado dende hoxe polo público coruñés na exposición permanente do Museo de Belas Artes da Coruña.

Cun sinxelo acto celebrado esta mañá no museo coruñés, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a directora do Museo de Belas Artes, Ángeles Penas, e os fillos de Díaz Pardo, Xosé e Camilo Díaz, a Deputación da Coruña completou o proceso de cesión desta obra de arte de grande valor histórico e artístico, que xa pode ser contemplada polo público na sala de arte galega do século XX do Museo de Belas Artes.

González Formoso destacou o "estreito vínculo" que uniu históricamente a Deputación coa figura de Isaac Díaz Pardo. Un vínculo que comezou en 1940 coa concesión dunha bolsa de estudos para que o mozo Isaac puidera formarse como como artista na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid; que se mantivo ao longo dos anos con múltiples colaboracións culturais e que permanece aínda hoxe, xa que o Certame de Artes Plásticas da Deputación leva con orgullo o nome de Díaz Pardo.

"Aquel primeiro apoio da Deputación a Díaz Pardo saíulle moi ben a este país", afirmou o presidente provincial, que sostivo que "mentres a lenda deste gran pintor e artista segue medrando, na Deputación seguimos a facer o mesmo, apoiando ás novas xeracións de artistas".

Valentín González Formoso subliñou a importancia de que o cadro deixe de ocupar o seu espazo habitual no pasillo de Presidencia da Deputación para "ocupar agora o lugar que merece nesta gran sede da cultura, no Museo de Belas Artes, onde estará a disposición do público"

A vicepresidenta e responsable da Área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, coincidiu en sinalar que o museo coruñés "é o mellor espazo posible para este cadro" e destacou a súa relación coa poeta e dramaturga Xohana Torres, finada no día de onte.

Tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, tivo unha lembranza para o poeta compostelá e destacou que "O discurso é un cadro importante polo que supón Isaac Díaz Pardo para a nosa plástica".

Pola súa banda, Xosé Díaz Arias de Castro, fillo do artista, agradeceu a cesión da obra ao Museo, "o contexto idóneo para poder disfrutalo" e subliñou a importancia que tivo a Deputación na súa traxectoria artística. "Grazas á Deputación, Isaac Díaz Pardo puido rematar a carreira de Belas Artes en Madrid", afirmou.

Xosé Díaz apuntou tamén que este óleo de dous metros de ancho e 1,7 de alto, "foi, xunto coa obra Os afogados, un dos primeiros cadros de temática política", pintados polo seu pai, e reflicte en realidade un mitin, aínda que a época na que foi pintado (1946) non se poidera dicir explícitamente.