Estás en:Novas

A Deputación colaborará nos actos do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe na Coruña a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, onde comprometeu o apoio da institución provincial nos actos e actividades que se están a deseñar con motivo do centenario da entidade, que se conmemorará no ano 2018.

González Formoso, acompañado do presidente da RIBS Padre Rubinos, Eduardo Aceña García, e dos membros da xunta directiva da entidade, visitou as diferentes instalacións coas que conta o centro e coñeceu os servizos que presta, entre os que se atopa unha escola infantil, unha residencia de maiores, centro de día, un albergue de transeúntes e un taller téxtil.
O presidente destacou "o gran labor social e solidario" que se desenvolve no complexo, que considerou "un exemplo para o resto de Galicia", e ofreceu  "todo o apoio" da institución provincial para o desenvolvemento de novos programas ou actividades, así como para os actos do centenario da entidade, que terá lugar no mes de abril de 2018.

"Esta institución é unha referencia no ámbito social e dende a Deputación, que tamén é unha administración históricamente moi vinculada ao mundo social, estamos abertos aos proxectos que nos propoñan, pero sempre é máis interesante coñecelos de preto que velos só a través dos papeis", afirmou Valentín González Formoso.

Pola súa banda, Eduardo Aceña agradeceu o interese mostrado polo presidente provincial na reunión que mantiveron na Deputación o pasado mes de xuño, que propiciou a visita de hoxe, así como "o apoio e colaboración" das diferentes institucións públicas e privadas, entre elas a Deputación, que colaborarán nos actos do centenario da entidade "nos que estamos avanzando e que comezarán o 19 de abril de 2018".

Formoso e Aceña percorreron as amplas instalacións do complexo, que conta cunha residencia xerontolóxica da que se benefician 148 usuarios, un centro de día que presta servizo a 40 persoas maiores e unha escola infantil con 95 cativos entre os 0 e os 3 anos de idade.

Na residencia, os maiores contan con servizos de enfermería, fisioterapia, terapia ocupacional e incluso cunha pequena unidade hospitalaria dotada con sete camas para aquelas persoas que precisen atención.

Albergue e taller téxtil

O centro conta tamén cun albergue onde se presta atención social, refuxio e comida ás persoas en situación de exclusión social. Segundo explicou o presidente da entidade, unhas 80 persoas pernoctan a diario nestas instalacións e entre 150 e 170 asisten diariamente a cada un dos servizos de almorzo, comida e cena.

O RIBS Padre Rubinos conta ademáis cun taller téxtil e tenda de roupa de segunda man, que propiciou a inserción laboral de 10 traballadores/as, na súa maior parte persoas en risco de exclusión social. Neste taller confecciónanse, entre outras prendas, os mandís que serven como uniforme aos cativos que asisten á escola infantil do centro.

Ademáis do seu gran labor social, o centro supón un motor económico para a cidade da Coruña, xa que ademáis do persoal voluntario que colabora coa entidade ( e que axuda a manter instalacións como un invernadoiro), o centro dá emprego a unhas 170 persoas, entre postos de traballos directos e indirectos.