Estás en:Novas

Obradoiro de Robótica e Programación 2023

Traballaremos con BBC micro: bit que é unha pequena tarxeta de 4x5 cm. deseñada para que aprender a programar sexa fácil, divertido e ao alcance de todos e todas. Grazas á gran cantidade de sensores que incorpora, só coa tarxeta pódense levar a cabo centenares de proxectos.

Obradoiro de Robótica e Programación 2023

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos

HORARIO: de 10:30 a 12:00 h

LUGAR: Sala Manuel López

PRAZAS: 12

DATA DE INSCRICIÓN: Comeza o 6 de marzo

DATAS DO CURSO: Os sábados:

    • 11, 18 e 25 de marzo
    • 1, 15 e 22 de abril
    • 6, 13, 20 e 27 de maio

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso correspondente (teña o carné da biblioteca actualizado a man).

A páxina para inscribirse nas actividades activarase o 6 de marzo 10:30 h da mañá.

Nuns días publicarase na páxina web a listaxe cos números das persoas socias admitidas na actividade: www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades#Infancia+e+mocidade

Reservarase unha praza por neno ou nena (agás irmáns).

Terán preferencia os nenos/as que non realizasen anteriormente o taller.

Os cursos son totalmente gratuítos.

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.