Estás en:Novas

A Deputación destina preto de 2 millóns de euros para investimentos e actividades culturais de entidades sen fins de lucro e formacións musicais

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de marzo

A Deputación destina preto de 2 millóns de euros para investimentos e actividades culturais de entidades sen fins de lucro e formacións musicais

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar hoxe as bases de catro convocatorias de axudas da área de Cultura da Deputación, para apoiar actividades e investimentos culturais de entidades sen fins de lucro e corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia. A institución provincial destina para estes fins un total de 1.980.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de marzo.

A Deputación reservará 480.000 euros (cun mínimo de 1.500 e un máximo de 30.000 por beneficiario) para apoiar actividades culturais de corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia. Ademais, consignará outros 200.000 euros (cun mínimo de 1.500 e un máximo de 15.000 por beneficiario) para o financiamento neste exercicio dos investimentos culturais desas formacións musicais.

En canto á liña de axuda a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais, a Deputación achegará un millón de euros, cun mínimo de 1.500 e un máximo que varía en función da modalidade: A, entidades de natureza cultural (que poderán recibir ata 30.000 €); B, entidades de natureza veciñal (10.000 €); C, entidades de natureza socioeducativa (10.000 €) e D, entidades de natureza social e/ou asistencial (10.000 €).

Mentres, na liña de apoio a entidades sen ánimo de lucro para investimentos culturais, a institución provincial repartirá 300.000 euros, cun mínimo de 1.500 e un máximo segunda a modalidade: A, entidades de natureza cultural (ata 30.000 €); B, entidades de natureza veciñal (10.000 €); C, entidades de natureza socioeducativa (10.000 €) e D, entidades de natureza social e/ou asistencial (10.000 €).

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL