Estás en:Novas

EUROPE DIRECT A Coruña colabora na celebración dos National Erasmus Games, que reúnen en Santiago a máis de 350 estudantes de intercambio

O centro de información europea proporciona equipamento para os xogadores e xogadoras e apoia a difusión do evento na provincia

EUROPE DIRECT A Coruña colabora na celebración dos National Erasmus Games, que reúnen en Santiago a máis de 350 estudantes de intercambio

O centro EUROPE DIRECT A Coruña – Deputación da Coruña colabora na celebración dos National Erasmus Games, un encontro deportivo que reúne entre os días 24 e 26 de marzo a máis de 350 estudantes universitarios de intercambio Erasmus en Santiago de Compostela e que está organizado pola asociación estudantil Erasmus Student Network (ESN).

Os e as estudantes participantes e as persoas que colaboran de maneira voluntaria na organización do evento recibirán un paquete de benvida composto por camiseta, mochila, botella e pulseira. Uns materiais que empregarán durante as xornadas deportivas e que proporciona EUROPE DIRECT A Coruña, que tamén colabora na difusión do evento na provincia.

Os National Erasmus Games reúnen ás 34 seccións de ESN en España para competir varios deportes como fútbol sala, baloncesto, voleibol, natación ou atletismo. Desta competición sairán os equipos representantes de cada país nos International Erasmus Games, que se xogan a nivel europeo. Ademais das competicións deportivas, haberá tempo para realizar obradoiros sobre saúde física e mental, alimentación saudable e inmersión cultural.

A Erasmus Student Network é a asociación de estudantes más grande de Europa, na que participan máis de 10.000 estudantes voluntarios para axudar a alumnado de intercambio na súa integración.

Pódese ampliar a información do evento contactando con EUROPE DIRECT A Coruña a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal ou na súa páxina web