Estás en:Novas

Formoso visita a II Feira da La de Cabanas

Formoso visita a II Feira da La de Cabanas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, visitou hoxe a II edición da Feira Internacional da La Artesá con Denominación de Orixe.

Formoso destacou que "proxectos coma este apoian o traballo dos nosos gandeiros e gandeiras, coa recuperación da raza de ovella galega e son esenciais para a fixación de poboación no rural".

As promotoras da iniciativa, Beatriz Carbón e Lola Logaro, xunto ao Concello de Cabanas, presentaron prendas confeccionadas coa la de ovella galega.

O evento reúne a produtores artesanais de la de todo o país e conta cun amplo calendario de actividades, entre elas a presentación dun mapa de las realizado pola artesá madrileña Blanca Fernández con fragmentos de la de diferentes razas autóctonas de España.