Estás en:Novas

A Deputación apoia con 150.000 euros a actividade das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia

As axudas para actividades e investimentos permitirán financiar a compra de alimentos, medicamentos, produtos de hixiene, servizos veterinarios e proxectos como a recollida de animais en situación de abandono para a súa localización en casas de acollida

Publícase hoxe a convocatoria das subvencións, que oscilan entre 1.000 euros e 20.000 euros

A Deputación apoia con 150.000 euros a actividade das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia

A área de Medio Ambiente da Deputación da Coruña dedica este ano 150.000 euros para apoiar investimentos e desenvolvemento da actividades das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia durante o ano 2023.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a convocatoria destas axudas, cuxas contías van dun mínimo de 1.000 euros a un máximo de 20.000 euros.

Segundo explicou o deputado responsable da área de Emprego, Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, José Ramón Rioboo, as axudas permitirán financiar melloras nas instalacións das protectoras, compra de vehículos, material, medicamentos, chips, gastos de alimentación, servizos veterinarios, elementos de hixiene, e outras actividades de protectoras de animais da provincia, como un proxecto de recollida de animais en situación de abandono para a súa localización en casas de acollida que vén desenvolvendo nos últimos anos