Estás en:Novas
Participa do 14 ao 31 de maio na EbiblioDaCoruna

Reto lector: rescata un libro en galego

O mellor xeito de celebrar as Letras é investindo tempo en ler na nosa lingua. Participa no reto!

Reto lector: rescata un libro en galego

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, queremos animarte a que descubras contidos en galego que aínda non se prestaron nunca na plataforma de préstamo de libros dixitais EbiblioDaCoruna. Hai algúns que levaron premios literarios! Anímate a ler algún, inviste tempo na nosa lingua, e leva agasallos! 

Como podes participar?

1- Entra na EbiblioDaCoruna. Se aínda non a empregas, solicita as túas claves premendo aquí.

2- Busca o carrusel chamado "Reto lector: rescata un libro en galego".

3- Colle prestado algún dos contidos dispoñibles. Tes do 14 ao 31 de maio para ler todo o que queiras.

4- As 5 persoas que máis tempo invistan lendo na nosa lingua, levarán un agasallo!

Celebra o Día das nosas letras como mellor se pode facer, lendo en galego!

Se tes dúbidas, podes chamarnos ao 981 080 176 ou escribirnos a biblioteca.info@dacoruna.gal

20230512_125236.jpg