Estás en:Novas

A Deputación financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias en 41 concellos coruñeses

Todos os concellos costeiros da provincia recibirán axudas para financiar a contratación de brigadas durante os meses de verán

Xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación duns 300 empregos durante a temporada estival

A Deputación financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias en 41 concellos coruñeses

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2024, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 41 municipios costeiros da provincia.

A finalidade do programa é apoiar os concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia durante os meses de verán, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia deste programa, "que contribúe a que as praias da provincia da Coruña estean en condicións óptimas durante o verán e impulsa tamén a creación de emprego"

Con cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais, os concellos contratan cada verán a preto de 300 persoas.

Axudas de entre 6.768 e 31.197 euros

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2023. O importe máximo concedido ascende a 31.197 euros (Ferrol e Carballo) euros e o mínimo a 6.768 euros (Outes, Neda e Corcubión)

A Deputación aplica criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

SOLICITUDES CONCEDIDAS PROVISIONALMENTE

SOLICITUDES

IMPORTE SUBVENCIÓN

CONCELLO DA CORUÑA

24.957,83€

CONCELLO DA LARACHA

23.709,94€

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

23.397,97€

CONCELLO DE ARES

24.957,83€

CONCELLO DE ARTEIXO

22.494,50€

CONCELLO DE BERGONDO

23.397,97€

CONCELLO DE BOIRO

25.581,78€

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

16.868,66€

CONCELLO DE CABANAS

23.086,00€

CONCELLO DE CAMARIÑAS

26.517,70€

CONCELLO DE CARBALLO

31.197,29€

CONCELLO DE CARIÑO

17.055,26€

CONCELLO DE CARNOTA

29.325,46€

CONCELLO DE CEDEIRA

11.406,19€

CONCELLO DE CEE

21.838,11€

CONCELLO DE CORCUBIÓN

6.768,00€

CONCELLO DE DUMBRIA

19.654,29€

CONCELLO DE FENE

8.308,69€

CONCELLO DE FERROL

31.197,29€

CONCELLO DE FISTERRA

26.205,73€

CONCELLO DE LAXE

26.205,73€

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

12.319,96€

CONCELLO DE MAÑÓN

23.639,38€

CONCELLO DE MIÑO

24.957,83€

CONCELLO DE MUGARDOS

20.278,24€

CONCELLO DE MUROS

24.957,83€

CONCELLO DE MUXÍA

19.360,02€

CONCELLO DE NARÓN

21.838,11€

CONCELLO DE NEDA

6.768,00€

CONCELLO DE NOIA

19.688,66€

CONCELLO DE OLEIROS

28.077,56€

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

25.991,64€

CONCELLO DE OUTES

6.768,00€

CONCELLO DE PADERNE

18.094,43€

CONCELLO DE PONTECESO

29.637,43€

CONCELLO DE PONTEDEUME

20.278,24€

CONCELLO DE PORTO DO SON

29.637,43€

CONCELLO DE RIANXO

22.150,08€

CONCELLO DE RIBEIRA

27.765,59€

CONCELLO DE SADA

24.021,92€

CONCELLO DE VALDOVIÑO

29.637,43€