Estás en:Novas

A Deputación inxecta en Rianxo máis de 5 millóns de euros para mellorar infraestruturas e servizos municipais

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Rianxo, onde foi recibido polo alcalde, Adolfo Muíño, e por representantes dos distintos grupos políticos da Corporación local, ante os que destacou o "compromiso" da institución provincial co municipio, onde nos últimos anos se realizaron investimentos por importe de 5 millóns de euros que contribúen a mellorar as infraestruturas e servizos municipais das que se benefician os seus máis de 11.000 veciños.

Pavimentacións de diversas rúas e camiños municipais, saneamentos en lugares como A Casilla, Outeiro ou A Laxe, melloras en edificios municipais e infraestruturas deportivas ou remodelación de parques infantís e áreas recreativas son algúns dos investimentos que a Deputación realizou nos últimos anos en Rianxo, e que continuará acometendo en 2018 a través do novo Plan Único, que concentra nun só plan os diferentes programas de cooperación provinciais e 11 liñas de subvencións, reducindo a tramitación de máis de 1.000 expedientes e aglutinando o maior orzamento investidor na historia da institución provincial: 166 millóns de euros para os 93 concellos coruñeses no bienio 2017-2018, unha cantidade equivalente a un presuposto anual da Deputación.

A "revolución" do Plan Único

Rianxo recibiu este ano 933.566,70 euros a través do Plan Único, aos que se sumarán outros 785.194 € xa consignados para o municipio 2018, pero máis aló da contía económica, o alcalde de Rianxo destacou "a revolución" que supón por implantar "un sistema xusto" de distribución de fondos, baseado en criterios obxectivos e que permite aos concellos realizar unha planificación económica axeitada, ao saber con que fondos poden contar.

"Para os concellos hai un antes e un despois do Plan Único", afirmou o rexedor rianxeiro, que gabou a "aposta valente e decidida" do goberno presidido por González Formoso para crear este programa.

Pola súa banda, Valentín González agradeceu o apoio do alcalde e subliñou a importancia da autonomía municipal na filosofía do Plan Único, "xa que son os propios concellos, e non o presidente da Deputación, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos provinciais cunha soa condición previa: ter saneadas as súas contas antes de enfrontar novos investimentos", apuntou o presidente.

Formoso destacou tamén o importante esforzo económico que a Deputación realiza cada ano no mantemento, conservación e mellora da rede de estradas provinciais. No caso concreto de Rianxo, o departamento de Vías e Obras vén de rematar a construción de sendas pasarelas peonís en ambas marxes da ponte sobre o río Té, respondendo a unha antiga demanda dos veciños e do Concello e contribuíndo a mellorar a seguridade viaria na zona, así como a pavimentación dos primeiros 5 quilómetros da DP 3301 de Rianxo a Bexo por Isorna.

Ambas actuacións, xa completadas, supuxeron un investimento de 600.000 euros; aos que se sumarán en 2018 outros 600.000 destinados a financiar a mellora da capa de rodaxe dos seguintes 5 quilómetros da DP 3301e á construción dunha nova senda peonil na DP 7202 de Rianxo a Bures por Asados, unha obra que está pendente da cesión de terreos por parte do Concello e que suporá a construción dunha nova beiravía de 500 metros de lonxitude para mellorar a seguridade dos peóns.

Encontro cos veciños que demandan un centro de día

Antes de comprobar o estado das obras realizadas na ponte de Té, Valentín González Formoso e Adolfo Muíño visitaron os veciños, moitos deles persoas maiores, que dende hai varios meses están pechados na Casa do Concello para reclamar á Xunta a construción dun centro de día no municipio.

González Formoso interesouse polas demandas dos veciños, que explicaron con detalle a urxente necesidade desta infraestrutura para atender as necesidades da poboación cada vez máis envellecida de Rianxo.

O presidente provincial afirmou que a Deputación non ten competencias na materia, pero comprometeu o apoio económico da institución se este axuda a que a Xunta de Galicia impulse o proxecto. "Se o ano que vén temos que deixar de aglomerar unha estrada farémolo, pero podedes contar co apoio da Deputación para a construción do centro porque é unha infraestrutura absolutamente necesaria para garantir a calidade de vida de moitas persoas", afirmou González Formoso, a quen o alcalde agradeceu o apoio e comprometeu tamén achegas municipais se fosen precisas para a construción da infraestrutura.

Ponte de Té

A visita rematou na ponte de Té, onde o presidente e o alcalde supervisaron o resultados da obras, nas que a Deputación investiu 163.000 euros e que supuxo ampliar o viaduto para instalar dúas pasaralas peonís de 2,5 metros de ancho en ambas marxes, nunha zona que ata agora era perigosa debido á ausencia de pasos para os viandantes.

As obras incluíron o traslado dunha fonte existente no lugar e a execución dunhas escaleiras que dan acceso a esta.

Páxinas suxeridas