Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia dez proxectos para contribuír á igualdade desde a cultura

A través das áreas de Cultura e Igualdade, a Deputación da Coruña apoia o desenvolvemento de dez proxectos culturais pola igualdade, a través do premio Luísa Villalta que este ano se convoca por vez primeira. En total, destínanse 174.000 € a dez propostas que van de producións audiovisuais a iniciativas de recuperación da historia das mulleres pasando por un festival ou un catálogo de ilustradas.
Dez proxectos culturais pola igualdade materializaranse coa axuda das áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña que botaron a andar este ano de maneira conxunta o I concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade.
Un xurado composto pola xornalista e escritora, Ana Romaní, a directora de teatro Cristina Domínguez e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo ademais das deputadas de Cultura e Igualdade, Goretti Sanmartín Rei e Ánxela Franco, coa xefa de servizo Mercedes Fernández Albalat como secretaria, seleccionou os dez proxectos que serán financiados a través do concurso Luísa Villalta cun orzamento total de 174.000 €.

A Deputación da Coruña apoia dez proxectos para contribuír á igualdade desde a cultura

A través das áreas de Cultura e Igualdade, a Deputación da Coruña apoia o desenvolvemento de dez proxectos culturais pola igualdade, a través do premio Luísa Villalta que este ano se convoca por vez primeira. En total, destínanse 174.000 € a dez propostas que van de producións audiovisuais a iniciativas de recuperación da historia das mulleres pasando por un festival ou un catálogo de ilustradas.
Dez proxectos culturais pola igualdade materializaranse coa axuda das áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña que botaron a andar este ano de maneira conxunta o I concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade.

Un xurado composto pola xornalista e escritora, Ana Romaní, a directora de teatro Cristina Domínguez e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo ademais das deputadas de Cultura e Igualdade, Goretti Sanmartín Rei e Ánxela Franco, coa xefa de servizo Mercedes Fernández Albalat como secretaria, seleccionou os dez proxectos que serán financiados a través do concurso Luísa Villalta cun orzamento total de 174.000 €.

Con variedade de propostas, algunha con formatos moi innovadores, as iniciativas escollidas van desde proxectos audiovisuais, documentais e ficcionais, a realización dun festival de creadoras, a difusión do traballo das pioneiras en distintos ámbitos ou a recuperación da participación das mulleres no mundo do traballo.

"O resultado da convocatoria pon á vista unha serie de proxectos que afondan nunha perspectiva na que estamos a traballar con distintas iniciativas desde a Deputación da Coruña e que ten como obxectivo contribuír á igualdade desde a cultura", explica Goretti Sanmartín Rei, dunha iniciativa que ten vontade de continuidade en seguintes convocatorias.
Pola súa parte, Ánxela Franco, afonda no "continuado labor pola igualdade que se está a promover desde a Deputación, de maneira transversal, e tratando de buscar novas fórmulas como esta convocatoria en que se apoian proxectos culturais que teñan a promoción da igualdade como obxectivo".

Dos proxectos que reciben apoio por esta nova convocatoria, destaca a presenza de iniciativas do mundo audiovisual e de recuperación da memoria das mulleres, tanto a colectiva como a individual. Algunhas das iniciativas teñen nome propio como o de Juana de Ibarborou do proxecto artístico de Marina Oural e outras afondan no colectivo como o que se achegará ás mulleres nos oficios do mar da Costa da Morte, as traballadoras da fábrica de Présaras en Vilasantar ou ás artistas plásticas do pasado século.

Proxectos seleccionados no I Premio Luísa Villalta

-1º FESTIVAL METROPOLITANO ELAS SON ARTISTAS- Villa González, Yolanda- 18.000€
O proxecto pretende ofrecer a posibilidade de que moitas artistas de disciplinas diferentes, e tamén profesións do corpo técnico relacionado coas artes, teñan tempo para coñecerse e compartir a súa visión sobre problemas como acoso laboral, oportunidades de formación, boas prácticas...Ademais inclúe un festival protagonizado por mulleres que se desenvolverá no mes de xullo en sete concellos da Coruña.

-AS MULLERES E O MAR. TRABALLADORAS INVISIBLES NA COSTA DA MORTE- Socialdocs S.L. -16.000€
O obxectivo xeral deste documentario consiste en amosar como o xénero inflúe na participación das mulleres nas actividades pesqueiras e como isto repercute na súa vida familiar, participación social, na súa saúde. Seguindo un estudo realizado pola facultade de Ciencias da Saúde da UdC o documentario abordará a influencia das desigualdades de xénero nas ocupacións das mulleres que se adican a actividades pesqueiras na Costa da Morte.

-POR MIN MESMA. MULLERES PIONEIRAS 2017- Ares Campo, Iria-18.000€
Proxecto social, teatral e de barrio deseñado para a Agra do Orzán da Coruña que integra actividades teatrais e de debate participativo. Nace para dar voz a figuras femininas, que ante a realidade imposta por unha sociedade patriarcal, tiveron o valor de loitar por un dereito fundamental: a capacidade de decidir por elas mesmas.

-ARTE+MULLER+GALICIA- Sarmiento Escalona, Rosario -16.000€
Poñer voz ás artistas galegas que durante moitos anos foron inexistentes para a historia, condenadas a ser mulleres do silencio é o obxectivo deste documentario. As artistas mulleres da Galiza contemporánea convértense nas protagonistas deste vídeo e as súas respostas e reflexións constitúen unha información moi valiosa sobre a problemática de ser artista e muller en Galiza.

-A NENA AZUL. "MULLERES QUE CONTAN. NARRATIVAS FEMININAS DO EN A TRAVÉS DA CÁMARA- Sánchez Cachaza, María Sandra-20.000 €
Dirixido por unha muller, escrito por dúas mulleres, filmado por outra muller e protagonizado por unha nena, o filme, -de 25 minutos- é unha historia de crecemento, deconfiguración dun "eu" feminino e dun imaxinario alleo a convencións e estereotipos. As autoras rematarán a curta e iniciarán un proceso de mostrala no territorio en que foi concibido, a Costa da Morte, cunha serie de obradoiros prácticos coas mulleres da comarca que aprenderán a contarse a través da cámara.

-A SILENCIOSA REVOLUCIÓN DAS MULLERES DE VILASANTAR- Dias Porto Chiavegatto, Marina- 18.000€
O proxecto quere contar a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e organización social de toda unha comarca no inicio do século XX en Galiza. Tiñan 14 anos cando comezaron a traballar na fábrica de tecidos de Présaras. Cobraban 37 pesetas á semana, un salario que era a súa independencia, o empoderamento feminino antes de que o concepto chegara a nosa terra. ;máis de cincuenta anos despois do peche da fábrica, a iniciativa busca recuperara a historia coa voz das súas protagonistas. Inclúe un documentario e unha páxina web para a súa difusión.

-CATÁLOGO ILUSTRADAS- Consultoría e Formación SL -14.000€
A iniciativa consiste no deseño e edición dun Catálogo Feminista Ilustrado que recompilará mulleres de distintas áreas para recoñecer e poñer en valora a todas as que quedaron esquecidas ou inmovilizadas polo patriarcado ao longo da historia. Preséntase como ferramenta didáctica para que o profesorado poda incorporalo como materia transversal nas aulas, contemplando así unha perspectiva integral, sistémica e participativa.

-ELISA E MARCELA A HISTORIA QUE PARECE CONTO- A Panadaría. 20.000€
O espectáculo teatral "Elisa e Marcela", da compañía A Panadaría, homenaxea e visibiliza a Elisa Sánchez Lorica (A Coruña, 1862) e Marcela Gracia Ibeas (Burgos, 1867), dúas mulleres que conseguen casar o 8 de xuño de 1901 na Igrexa de San Xurxo na Coruña para o que Elisa ten que transformarse en Mario. O espectáculo convértese no primeiro da historia do teatro galego en abordar a temática lésbica de xeito explícito e protagonista e supón un produto cultural cargado de activismo en prol da igualdade e unha reivindicación da recuperación de dúas mulleres galegas revolucionarias no seu tempo.

-JUANA_DOCENCIA Noente Paradise S.L. 18.000€
Pretende achegar a creación artística a toda a sociedade, vinculando a performance "Juana de Ibarborou_Inspiracións" –presentada en xuño de 2017- ao empoderamento feminino, a sororidade e o autocoñecemento a través das mulleres escritoras. O proxecto artístico está fundamentado na figura da escritora uruguaia de ascendencia galega Juana de Ibarborou (1892-1979) e a declarada influencia que sobre esta exerce Rosalía de Castro. Baixo a creación orixinal e dirección da poeta e performer Marina Oural _MOV- únense xénero, poesía, danza, música e creación escénica neste proxecto.

-O DIÑEIRO DAS MULLERES Isabel Iglesias Oviedo 16.000 €
O proxecto parte da idea da carencia de referencias ao medio de vida das mulleres, como se a maior parte planearan nun escenario de ausencia de necesidades e por tanto de relación económicas, ou como se este tipo de datos "afeara" o dereito a súa recuperación. A pesar dos atrancos e dificultades, as mulleres levan séculos exercendo e participando nas actividades produtivas, sendo protagonistas da súa supervivencia e contribuíndo a xerar riqueza e emprego. "O diñeiro das mulleres" busca capturar este coñecemento a través da narración cinematográfica.

TOTAL 174.000 €

Páxinas suxeridas