Estás en:Novas

A Deputación conmemora a Rosalía de Castro máis reivindicativa

Nun Teatro Colón colorido con ducias de globos coa imaxe de Rosalía de Castro, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, presentou os actos conmemorativos do aniversario de nacemento da escritora. A cantante Xiana Lastra e alumnado do IES Puga Ramón participaron no acto en que se convidou a festexar a data.
A Deputación da Coruña ultima os preparativos da Gala Rosalía de Castro 2018, que terá lugar este venres 23 de febreiro (20:30 horas) no teatro Colón da Coruña, nun evento en que se exhibirá a versión máis reivindicativa e moderna da escritora.

A Gala Rosalía, presentada esta mañá en rolda de prensa no propio Teatro Colón –que loce na súa fachada dúas grandes lonas coa "superheroína" Rosalía- , proxectará a figura, a obra e o pensamento da autora galega nun espectáculo interdisciplinar, no que recoñecidas voces da música e da poesía, lembrarán a máis ilustre e universal figura da literatura galega.
O evento que conmemorará o nacemento de Rosalía de Castro, estará presentado pola actriz e poeta Lorena Conde, e contará coa participación de Najla Shami, Nastasia Zürcher e Abe Rábade, Tempo Catro e Xiana Lastra (A banda da Loba) na parte musical e Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta da Costa e Rosalía Fernández Rial e Anxo Angueira na poética.
A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área Cultura, Goretti Sanmartín, subliñou que Rosalía foi unha "muller moderna cun pensamento revolucionario que continúa vixente" e incidiu en que "é preciso superar os tópicos e a visión de tristura sobre Rosalía", pois "ela foi unha muller combativa".
Na compaña da artista Xiana Lastra e co alumnado do IES Rafael Puga Ramón da Coruña, Sanmartín animou a tódolos concellos e a comunidade educativa a realizar actividades durante este mes de febreiro para "transmitir o legado e a personalidade de Rosalía" e así contribuír a divulgación da súa obra.
"Rosalía foi unha muller vangardista e revolucionaria e, hoxe en día, estaría en contra da violencia de xénero, da diferencia salarial, dos abusos ou de calquera forma de acoso" concluíu a vicepresidenta.
Pola súa parte, a cantante Xiana Lastra cualificou a iniciativa da Deputación da Coruña como "necesaria", dado que con ela "contribúese a non esquecer a súa figura", e ademais, "axuda a que chegue até as persoas máis novas".
Neste sentido, Lastra indicou que estamos ante "un espectáculo interxeracional" que xuntará a "persoas de todas as idade e xéneros", e que exhibirá os "elemento máis transgresores da súa obra".
"Rosalía foi unha muller moderna e as súas reivindicacións no eido do feminismo seguen a estar completamente vixentes" destacou.
Por último, e dentro dos actos conmemorativos do nacemento de Rosalía de Castro, a Deputación da Coruña tamén organizará o vindeiro martes 27 de febreiro na Biblioteca Provincial (19:30 horas) a conferencia "A modernidade e a vixencia do discurso de Rosalía", que correrá a cargo da escritora e sociolingüista, Pilar García Negro, unha das grandes especialistas da ilustre autora galega.
A entrada é gratuíta, previa reserva ou recollida na billeteira. Pódense reservar nesta ligazón: http://www.teatrocolon.es/evento/gala-rosalia-de-castro/

Páxinas suxeridas