Estás en:Novas

I Premio Pola Paz, Convivencia e Dereitos Humanos

O 30 de xaneiro de 1948 morría asasinado Mahatma Gandhi, heroico defensor da igualdade, da paz e da xustiza. Nese mesmo ano, Nacións Unidas aprobaba a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Desde hai cando menos tres décadas, neste día, por iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, realízanse diversas actividades nos centros escolares, promovidas polo profesorado e por entidades da sociedade civil e en moitas ocasións con apoio institucional, a favor da convivencia, da resolución pacífica de conflitos e da eliminación dos comportamentos que lesionan a vida en común entre as persoas dentro do ámbito educativo, como poden ser o acoso escolar, a discriminación ou a segregación, a violencia de xénero, o racismo ou calquera outro comportamento violento, sexa ou non de índole física.
Tal e como recolle a ONU na Declaración e o Programa de Acción sobre unha Cultura en Paz, aprobada pola Asemblea Xeral o 6 de outubro de 1999, "a paz non é só a ausencia de conflitos senón que tamén require un proceso positivo, dinámico e participativo no cal se promova o diálogo e se solucionen os conflitos nun espírito de entendemento e cooperación mutuos".
Co ánimo de recoñecer accións positivas de fomento da cultura de paz, a Deputación da Coruña, na sesión plenaria do 27 de xaneiro de 2017, acordou a convocatoria do presente premio, que será entregado no marco temporal da conmemoración do Día pola Paz e da Non Violencia, o 30 de xaneiro de cada ano, nun acto público na sede da institución.

BASES REGULADORAS DO "I PREMIO POLA PAZ, CONVIVENCIA E DEREITOS HUMANOS - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA"

Modelo de solicitude (OpenOffice|PDF)

Páxinas suxeridas