Estás en:Novas

A Deputación financia o acondicionamento do patio norte da residencia Dolores Díaz de Dávila, no Concello de Ortigueira

O Concello de Ortigueira vén de sacar a licitación as obras de mellora da accesibilidade e acondicionamento do patio norte da residencia para persoas da terceira idade Dolores Díaz de Dávila. A Deputación da Coruña financia a totalidade do custo deste proxecto, incluído no Plan único, achegando un total de 51.316 euros, co obxectivo de mellorar as dotacións da única residencia pública do municipio, que dá servizo a 59 usuarios.

Na actualidade, o centro non conta cun itinerario accesible para persoas con mobilidade reducida, posto que as beirarrúas son moi estreitas e se ven interrompidas pola existencia de mobiliario urbano e contedores de lixo. Ademais, varias zonas tanto do aparcadoiro como das beirarrúas teñen unha pendente demasiado pronunciada.

Para solucionar estas carencias, demolerase a totalidade do pavimento do patio norte e reconstruirase unha rasante adecuada para garantir a accesibilidade universal. Posteriormente, executarase unha rampla que conectará o aparcamento habilitado para persoas con mobilidade reducida coa porta do centro e tamén novas beirarrúas, que terán un ancho de 1,50 metros e executaranse cunha capa de cascallo artificial e pavimento similar ao existir a base de formigón continuo.

Así mesmo, na zona anexa ás prazas de aparcadoiro adaptadas, rebaixarase a beirarrúa e conformaranse ramplas para permitir o acceso en cadeira de rodas.

Os contedores de lixo tamén se resituarán para que non interrompa o itinerario peonil e se rebaixará a rasante da beirarrúa para facilitar o seu movemento e baleirado.

Por outra banda, o proxecto tamén inclúe a instalación dunha pérgola autoportante con toldo de despregue automático, que permita conformar unha zona de estancia no patio norte coa suficiente protección solar para o lecer e descanso dos usuarios da residencia. Esta pérgola terá unhas dimensións de 6,50x6,50 metros.

Tamén se substituirá o biombo acristalado fixo, e a súa porta asociada, que se atopan no acceso peonil do patio, por outra porta abatible que permita a súa apertura nos días soleados e amplíe as dependencias cara ao exterior, baixo a nova pérgola.

Páxinas suxeridas