Estás en:Novas

A Deputación financia dous parques infantís en Pontedeume

O Boletín Oficial da Provincia publica a licitación de dous proxectos para crear novos parques infantís no Concello de Pontedeume, que financia a Deputación cunha achega total de 65.758,18 euros.

Estes fondos proveñen dos remanentes xerados polas baixas durante os procesos de licitación tanto do Plan de acción social coma do Plan único 2017 (POS+), que a Deputación da Coruña decidiu reinvestir nos concellos para a realización de obras e proxectos.

Deste modo, o Concello de Pontedeume recibe 33.446,82 euros do PAS adicional, que se utilizarán para financiar a instalación dunha zona de xogos nos xardíns da Rúa Lombardero.

Os traballos incluirán a retirada dos xogos existentes, a limpeza das lousas de caucho e a instalación de 30 metros cadrados máis de caucho continuo para proporcionar o pavimento de seguridade necesario para os novos xogos.

Posteriormente, instalarase un conxunto lúdico, que terá forma de castelo e estará adaptado para nenos de entre 2 e 12 anos. O multixogo contará con catro tobogáns, un túnel, varias plataformas e paneis para diversos xogos, como tres en raia. A estrutura do conxunto estará realizada en aceiro galvanizado, mentres que os diferentes paneis serán de composto reciclado de polietileno.

Renovación do parque da urbanización Olmo

Por outra banda, a Deputación achega ao Concello de Pontedeume 125.604,81 euros dentro do Plan Único Complementario 2017. O Concello decidiu destinar estes fondos á renovación da estación de bombeo de saneamento de augas residuais en Centroña, a pavimentación das rúas Eduardo Pondal e Rosales e a reforma do parque infantil da urbanización Olmo. Este último proxecto vén de saír a licitación, por un importe 32.311,36 euros.

As obras incluirán a redistribución dos espazos para crear varias zonas diferenciadas destinadas ao ocio, o deporte e o descanso. En primeiro lugar, demoleranse os pavimentos de formigón actuais para construír unha nova soleira de regularización. Tamén se replantará a zona de prado, así como diferentes especies vexetais nas áreas verdes do parque, que ocuparán a maioría da superficie, un total de 224,3 metros cadrados.

Para a nova zona destinada aos xogos infantís, destinarase un un espazo de 71,50 metros cadrados, no que se situarán diversos xogos como un randeeira e un tobogán, sobre un pavimento de seguridade de caucho de cores.

Tamén se recolocarán os xogos biosaudables e se creará unha zona de merendeiro, que terá dúas mesas con bancos xunto a unha grellada.

O resto do espazo estará ocupado por unha pista de baloncesto e unha zona de céspede artificial, para facilitar a práctica deportiva.

Páxinas suxeridas