Estás en:Novas

A Deputación tínguese de morado para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

A fachada do edificio da Deputación da Coruña, situado na Avenida do Porto, iluminarase esta noite de morado para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.

A Deputación súmase deste modo ás reivindicacións desta data, dentro da súa liña estratéxica e transversal de fomento da igualdade. Con motivo deste día internacional, a institución provincial tamén elaborou unha campaña propia que baixo o lema "O noso camiño decidímolo nós!" apoia as mobilizacións e paros laborais que se producirán ao longo da xornada de hoxe.

A institución provincial desenvolve unha gran cantidade de accións en prol da igualdade, coma as desenvolvidas na Área de Cultura como son os Premios Luísa Villalta e Begoña Caamaño e o Concurso de Viñetas pola igualdade, o programa en Deportes "Contra os elementos" ou o proxecto "Compartimos Plan", que pretende sensibilizar á sociedade e identificar as necesidades vencelladas coa igualdade entre homes e mulleres.

Así mesmo, a Deputación organiza a gala "16Mx8M" o vindeiro sábado día 10 de marzo ás 20:30 horas, que convocará no Teatro Colón a dezaseis mulleres da música como son MJ Pérez, A Banda da Loba ademais de Mounqup, gañadora do Premio Narf da Deputación da Coruña, e "Máis boas cás patacas", a banda que gañou a categoría xuvenil do premio Quero Cantar coa súa canción "Son muller". A compañía trasPediante conducirá a gala que é gratuíta coa retirada da entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro.

Páxinas suxeridas