Estás en:Novas

A festa do feminismo continúa no Teatro Colón coa gala 16Mx8M

Como unha festa pola igualdade desde a música e o teatro preséntase o espectáculo "16Mx8M" que terá lugar este sábado no Teatro Colón, organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. "Queremos que se sinta a voz das mulleres sobre o escenario despois dunha xornada histórica como a que vivimos", sinala a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

O Teatro Colón da Coruña acolle mañá sábado desde as 20:30 horas a gala 16Mx8M, un espectáculo con actuacións musicais e teatrais, en que 16 mulleres se encargaran de darlle continuidade ao grande éxito do Día Internacional das Mulleres.

Organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, o Teatro Colón albergará este sábado 10 de marzo a gala "16 Mulleres polo 8 marzo", un encontro artístico que baixo a condución da compañía trasPediante reivindicará as voces de mulleres coas actuacións das artistas MJ Pérez, Mounqup, ademais das formacións musicais A Banda da Loba e Máis Boas cás Patacas.

A vicepresidenta e responsable da Área de Cultura, Goretti Sanmartín, destaca que "a gala 16Mx8M é un encontro cultural en feminino que amosará unha vez máis o grande talento e a fortaleza das nosas artistas". "Despois do día histórico e emocionante que vivimos este 8 de marzo, agora o espectáculo 16Mx8M será unha maneira de festexar toda esa forza reivindicativa desde a cultura", defendeu. .

Sobre as táboas do Teatro Colón, a cantautora de Arzúa, MJ Pérez, presentará algún dos temas do seu último álbum "Casandra", mentres que a artista franco-galega Mounqup –gañadora do último Premio Narf de música da Deputación da Coruña- mesturará os sons do jazz, o tribalismo e a música electrónica coa súa impoñente voz, achegando deste xeito as vangardas musicais ao escenario do teatro.

Así mesmo, o quinteto compostelá "A Banda da Loba", formado por Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra, interpretarán diferentes pezas do seu álbum debut "Bailando as rúas".

O programa da gala 16Mx8M complétase coa participación de "Máis Boas cás Patacas", a agrupación xuvenil teense que foi galardoada co primeiro premio do Certame de Música Infantil da Deputación da Coruña "Quero cantar!", que ademais está arrasando nas redes co seu tema "Son muller", no que se reivindica a igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres. "Máis boas cás patacas" está integrada por Valeria e Ruth (voces); Ana (guitarra); Sara (baixo); Carme (uquelele); Cristina (piano) e Candela (á batería).

A entrada á gala 16Mx8M é de balde previa retirada dos tíckets na billeteira do Teatro Colón ou reserva na web de Ataquilla.

Pode consultar máis información na seguinte ligazón:

http://www.teatrocolon.es/evento/gala-8-de-marzo/

Páxinas suxeridas