Estás en:Novas

A Deputación financia a creación dun aparcadoiro con máis de 100 prazas na praia de Chanteiro, en Ares

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación das obras de adecuación do estacionamento e o acceso á praia de Chanteiro, no Concello de Ares, que financia a Deputación da Coruña a través do seu Plan Único.

A institución provincial destina un total de 89.933 euros a estas obras, que permitirán acondicionar 109 prazas de aparcamento nas inmediacións do areal e da ermida de Chanteiro, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e os servizos para os visitantes.

O novo parking situarase na marxe esquerda da estrada que conduce á praia, conservando e incrementando as zonas verdes, empregando materiais que permitan a circulación rodada dando prioridade ás áreas de céspede.

A Deputación financia a creación dun aparcadoiro con máis de 100 prazas na praia de Chanteiro, en Ares

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación das obras de adecuación do estacionamento e o acceso á praia de Chanteiro, no Concello de Ares, que financia a Deputación da Coruña a través do seu Plan Único.

A institución provincial destina un total de 89.933 euros a estas obras, que permitirán acondicionar 109 prazas de aparcamento nas inmediacións do areal e da ermida de Chanteiro, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e os servizos para os visitantes.

O novo aparcadoiro situarase na marxe esquerda da estrada que conduce á praia, conservando e incrementando as zonas verdes, empregando materiais que permitan a circulación rodada dando prioridade ás áreas de céspede.

Os traballos comezarán coa limpeza do terreo, ademais da explanación e rasanteo da superficie. Posteriormente instalaranse lousas de céspede, compostas por lastros e lousa vexetal, que mantén a suficiente capacidade portante para soportar o tráfico, pero conserva o aspecto da terra vexetal.

Complementariamente, tamén se instalará un novo circuíto para a iluminación do aparcamento, que aproveitará os postes existentes engadindo ademais columnas metálicas de 7 metros de altura con luminarias LED de alta eficiencia enerxética.

Por outra banda, o proxecto financiado pola Deputación tamén inclúe a mellora do viario de acceso á praia. Este camiño presenta na actualidade diversos desperfectos na capa de rodaxe, polo que se procederá a un rebacheo da superficie, aplicando unha capa de grava, rego semiprofundo e emulsión asfáltica. Posteriormente, aplicarase un rego de imprimación e finalmente unha nova capa de rodadura a base de mestura bituminosa en quente.

Así mesmo, limparase a totalidade da superficie do vial, así coma as cunetas e salvacunetas a ambas marxes.

Páxinas suxeridas