Estás en:Novas

A Deputación acolleu hoxe a reunión do xurado dos premios PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia

O xurado dos premios ás mellores iniciativas empresariais que convoca a Deputación da Coruña reuniuse hoxe, na sede da institución provincial, para avaliar as candidaturas presentadas ao II Premio Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial.

Os gañadores do certame daranse a coñecer o vindeiro venres 23 de marzo, nun acto que contará coa presenza do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado de Promoción Económica, José Luis García, e representantes do tecido empresarial da provincia. Así mesmo, o evento promoverá a creación de redes de traballo entre todas as empresas candidatas, que poderán dispor do seu propio posto informativo para dar a coñecer os seus produtos e servizos.

A Deputación convocou este premio por segundo ano consecutivo dentro das accións do Plan de Emprego Local (PEL), co obxectivo de recoñecer o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores comprometidos co desenvolvemento económico dos concellos coruñeses.

78 empresas da provincia optan aos galardóns

Un total de 78 empresas da provincia presentaron as súas candidaturas ás tres categorías coas que conta o galardón, dotadas con 25.000 euros cada unha: Mellor Iniciativa Empresarial Nova, dirixida a proxectos emprendedores con menos de 12 meses de antigüidade; Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada , destinada a aquelas empresas que conten con máis de cinco anos de actividade, e Mellor Iniciativa Socialmente Responsable, que que premiará ás empresas que contribúan ao crecemento sostible da provincia nos ámbitos económico, medioambiental e social.

O xurado estivo presidido polo deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, mentres que o secretario foi Rafael Díaz-Aguado, Xefe do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Así mesmo, participaron especialistas de diferentes ámbitos relacionados co mundo da empresa e representantes de asociacións e outras organizacións de empresarios con presenza nos concellos coruñeses, como José Manuel Cotos Yáñez, da Universidade de Santiago de Compostela (USC); José Andrés Faíña Medín, da Universidade da Coruña (UDC); Fernando Barros Fornos, da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Carlos Fernández Bermúdez, da Cámara de Comercio da Coruña; Antonio Fontenla Ramil, da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC); Miguel Miragaya Martínez, da Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña (AJE); José Sierra Fernández, da empresa Uro Vehículos Especiales S.A. (UROVESA), e Isabel Ferro Giménez, do Grupo Calvo.

Os dez membros do xurado avaliaron as candidaturas presentadas, seguindo criterios coma a orixinalidade do negocio, a formación do seu promotor, o seu grao de innovación, a participación en redes de traballo ou a implantación de medidas de RSC, entre outros.

As empresas que concorren aos premios teñen o seu domicilio nos concellos da Coruña (28), seguido por Santiago de Compostela (12), Ferrol (6), Ames (5), Bergondo (5), As Pontes (3), Oleiros (2), Culleredo (2), Noia (2), Ordes (2), Sada (1), Narón (1), San Sadurniño (1), Cambre (1), Paderne (1), Cerceda (1), Cedeira (1), A Pobra do Caramiñal (1), Miño (1), Valdoviño (1) e Cee (1).

En canto aos ámbitos de actividade das empresas, destacan as dedicadas ás novas tecnoloxías da información e a programación informático, así como as empresas de servizos de enxeñaría e consultoría, comercio en liña e desenvolvemento de aplicacións. Tamén concorren a este segundo premio empresas dos sectores da alimentación, hostalería, cosmética e estética, educación, turismo e actividades de servizos sociais.

Páxinas suxeridas