Estás en:Novas

A Deputación tínguese de azul para conmemorar o Día Internacional do Síndrome de Down

A fachada do edificio principal da Deputación da Coruña, situado na Avenida do Porto, iluminarase de azul esta noite para conmemorar o Día Internacional da Síndrome de Down.

A Deputación súmase, con este xesto, ao apoio á integración e á igualdade das persoas con esta discapacidade. Ademais, a institución provincial, a través da súa área de Servizos Sociais e Igualdade colabora habitualmente con diferentes asociacións e entidades sociais, a través de varias liñas de subvencións.

Dende o ano 2011 vénse celebrando este día, que este ano conmemora o seu décimo terceiro aniversario. A Asemblea Xeral das Nación Unidas elixiu o día 21 para recordar a triplicación do cromosoma vinte e un, chamado Síndrome de Down.

As Nación Unidas queren, con esta conmemoración, aumentar a conciencia na sociedade sobre esta discapacidade e recordar a dignidade e as valiosas contribucións das persoas con Síndrome de Down como promotores do benestar social e a diversidade das comunidades. Con este xesto, resáltase a importancia da súa autonomía e independencia individual.

Páxinas suxeridas