Estás en:Novas

A Deputación tínguese de azul para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

A Deputación tínguese de azul para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

A fachada do edificio principal da Deputación da Coruña, situado na Avenida do Porto, iluminarase de azul esta noite para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

A Deputación apoia, con este xesto, ao movemento asociativo do autismo en España que, a través das súas campañas anuais, busca dar a coñecer este trastorno á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas co Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

"Rompamos xuntos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o lema elixido en 2017 e 2018 para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. As Nacións Unidas queren, con esta conmemoración, concienciar a sociedade das barreiras diarias ás que se enfrontan as persoas con TEA. O obxectivo da campaña é avanzar na inclusión social e lograr unha mellor adaptación das súas necesidades.

A Deputación que, a través da súa área de Servizos Sociais e Igualdade colabora habitualmente con diferentes asociacións e entidades sociais, a través de varias liñas de subvencións, súmase coa iluminación da fachada a conmemoración deste día.

Páxinas suxeridas